Ribadeo, 30 de marzo de 2023. Despois de Semana Santa comezarán as obras de ampliación do hangar de piragüismo, que suporán un investimento de 57.000 euros. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, agradece o apoio da Área de Deportes da Deputación de Lugo.
O edil ribadense considera que “estamos nun día importante tanto para o piragüismo en Ribadeo como para o Concello porque empeza esta obra de ampliación do hangar de piragüismo, deporte que xira en torno ao club Altruán, sen o cal hoxe o piragüismo en Ribadeo non sería realidade. Está claro que sen todos os que forman este club (pais, nais, profesores, alumnado, amigos, colaboradores como o Concello de Ribadeo e outras administración que axudan) non sería factible, pero sobre todo por eses pais e nais, por eses nenos e nenas, por eses rapaces e rapazas que están adestrando todos os días, estean malos, mellores ou moi bos”.
Díaz Freije contou que “hoxe damos o pistoletazo de saída á ampliación, pero antes de chegar a este paso houbo unha pequena travesía no deserto porque este edificio era propiedade de Costas e cedeuno ao Concello de Ribadeo, que cando recibiu este inmoble decidiu melloralo facendo uns vestiarios dignos para todos estes rapaces e rapazas que adestran aquí día a día. E agora con esta importante obra esperemos que o piragüismo xa estea en Ribadeo á altura dos outros deportes que temos aquí, cunhas instalacións en perfecto estado, cos seus vestiarios e cun sitio máis cómodo para adestrar e para interactuar entre os rapaces e rapazas”.
O concelleiro de Deportes subliñou que “era un pequena débeda que tíñamos adquirida desde hai uns anos por esta travesía longa que tivemos que pasar para que este edificio con esta obra de ampliación xa teña todos os servizos básicos para que esta actividade deportiva siga con tantos éxitos como está tendo ultimamente; por exemplo a fin de semana pasada tres nenas lograron tres ouros, como estandarte de Ribadeo, da Mariña e de Galicia, e fixeron que Ribadeo volvese soar alto e forte. E desde o Concello queremos seguir apoiando tanto ao piragüismo como a outras actividades, sobre todo de deporte base”.
Ata o hangar de piragüismo se achegaron nesta xornada os concelleiros de Deportes e Desenvolvemento Local, Jorge Díaz e Pablo Vizoso.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.


