Este martes abriu o prazo de presentación de candidaturas, de tres meses
Lugo, 4 de abril de 2023. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo encargarase da organización do Premio Otero Pedrayo 2023, que recoñece persoas e entidades que contribuíron de forma destacada á cultura galega e que convocan anualmente, de forma rotatoria, as institucións provinciais.
Este luns publicáronse no Boletín Oficial da Provincia as bases do certame, que estableceron a apertura do prazo de presentación de candidaturas para o galardón, de tres meses.
Dacordo co establecido nas baes, poderán optar ao premio as persoas nacidas ou residente en Galiza ou con cumprida raizame nela, os grupos de traballo radicados en Galicia ou constuídos para promover a cultural galega ou as personalidades ou institucións que se caracterizan pola difuisón e o mantemento da cultura galega. Calquera física ou xurídica pode presentar unha candidatura, respecto de si mesma ou doutros e outras.
A selección corresponderá a un xurado integrado por representantes institucionais das deputacións provinciais, da Xunta de Galiza, das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, da Real Academia Galega e do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, ás que se suman cinco persoas de recoñecida autoridade científica e literarias nomeadas pola Xunta e as deputacións. O Premio conta cunha dotación económica de 16.000 euros.
A Deputación de Lugo organizou por última vez o Premio Otero Pedrayo en 2019, que se entregou a Paco Martín e Ramón Villares. O último premiado, en 2022, foi o investigador e xenetista Ángel Carracedo.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



