A área tan só conta cun profesional desta especialidade para atender a unhas 75.000 persoas, cando o recomendado sería un por cada 35.000
Burela a 27 de abril de 2023. CIG Saúde A Mariña denuncia que máis de 200 pacientes da comarca foron derivados, dende o mes de novembro de 2022, ao Servizo de Rehabilitación do POLUSA, obrigando deste xeito aos mariñaos e mariñás a que teñan que desprazarse até a Lugo para beneficio, ademais, da sanidade privada.
Para a CIG Saúde esta práctica supón unha privatización encuberta dos servizos sanitarios que se deberan prestar no sistema público, pois a maiores, despois dos/as pacientes seren valorados/as en rehabilitación do hospital privado, son derivados para tratamento de fisioterapia “non na sanidade pública de Mariña, senón directamente a clínicas privadas, unha en Viveiro, outra en Foz e outra en Ribadeo”.
Consecuencias de non ter Área Sanitaria Propia
Non ter unha área sanitaria propia implica non contar co poder de decisión e co orzamento propio para manter os servizos na comarca, os cales se destinarán a aumentalo nos grandes hospitais e na sanidade privada. Hai que lembrar que isto é unha decisión política, unha decisión co obxectivo de desmantelar unha sanidade próxima a nós, nunha comarca cunha dispersión xeográfica como a nosa.
A CIG-Saúde A Mariña lembra que o 30 de agosto de 2017 José Manuel Balseiro explicou que a reforma da Lei de Saúde e a supresión da Área Sanitaria da Mariña, lonxe de debilitar a nosa sanidade, permitiría seguir ampliando a oferta de recursos cunha atención máis próxima, “algo que no día a día vemos que é unha mentira máis do Partido Popular”, sinala.
Xunto a isto apunta que o 6 de setembro de 2017 o anterior Conselleiro de Sanidade afirmaba que con esta reforma sanitaria, “avanzariamos” nun maior número de actividades que se poidan levar a cabo na Mariña evitando dese xeito os desprazamentos dos cidadáns, algo que se confirma como unha nova mentira do Partido Popular.
Plan urxente de mellora da Rehabilitación e Fisioterapia na comarca.
O sindicato nacionalista esixe explicacións á Dirección do Hospital da Mariña e un plan urxente de mellora da rehabilitación e fisioterapia na comarca. “Cómpre abordar o abandono da rehabilitación e fisioterapia, erradicar as listas de espera e dar solución á situación das persoas derivadas polo Sergas”, aseveran.
Para conseguir este obxectivo, a CIG Saúde reclama entre outras medidas:
– Ampliación e renovación do Servizo de Rehabilitación do Hospital da Mariña, con máis espazo, máis recursos humanos e renovación dos recursos materiais. Dotar o Hospital da Mariña de “dous médicos rehabilitadores”, xa que na actualidade só hai un para unha poboación de máis de 70.000 habitantes.
– Habilitar fisioterapia no Centro de Saúde de Burela, inexistente a día de hoxe. Esta carencia coloca nunha situación de desigualdade as/os pacientes de Burela respecto doutros Concellos, xa que as e os médicos de familia de Burela non poden prescribir rehabilitación nos casos que establecen os protocolos SERGAS, coma nos outros Centros de Saúde. Este feito provoca a saturación do servizo de rehabilitación do Hospital da Mariña ao ser o centro de referencia para as veciñas e veciños de Burela.
– Habilitar fisioterapia no Centro de Saúde de Ribadeo pola tarde.
– Habilitar fisioterapia no Centro de Saúde de Mondoñedo pola tarde.
– Fisioterapia respiratoria infantil na Mariña, sen ter que desprazarse a Lugo.
– 2 fisioterapeutas máis no Centro de Saúde de Foz, 1 máis de mañá e 1 máis de tarde.
Dende CIG Saúde A Mariña tamén esixen coñecer os cartos derivados á sanidade privada para fisioterapia e rehabilitación, solicitan que o servizo sexa 100% público (o único que garante calidade e equidade) e a contratación de máis persoal cos cartos inxectados de forma encuberta para favorecer a sanidade privada.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



