Nunha cidade, lonxe, baixo un sol que algún diría espléndido e outros de xustiza, repaso coa mirada os tomos expostos nas moitas casetas que se presentan ante os viandantes. Quixera -gustaríame- atopar algún libro en galego. Tarefa imposible. Pode que se me escapara algún, mais non foi así cos feitos en inglés, francés, alemán ou italiano, ou mesmo chinés ou catalán, nesta feira baseada sobre todo en libros en castelán. E sobre Galicia? Na sección de viaxes sempre cae algún solto, non moitos, pero pódese apostar por iso.
Lonxe da terra, lembro a Andrés -dinlle as grazas pola última lectura que me recomendou?- e os escaparates que amosan xa non só libros, senón outros produtos que axudan a manter o letreiro de librería á porta do establecemento.
Bibliotecas? Esta mañá, un apartado dun museo facía de biblioteca de animación á interacción co texto e imaxe, que non á lectura, complementando unha pequena biblioteca e suplementando cunha grande e imaxinativa. Non, non é exactamente unha biblioteca, mais achégase nun intento -desesperado?- de animación e ilusión pola lectura e a súa base, a escritura e composición ideal -de ideas-.
E iso, que é? Unha librería na que se sirve café ou unha cafetería na que se venden libros? Sexa o que sexa, estase ben un rato alí. Acompañado, os temas de conversa vanse ampliando polo entorno. Só, puidera elixirse de xeito diferente lectura, saboreo ou ambos.
Cruce de libros. Bookcrossing, libros libres, adopta un libro… as alternativas multiplícanse -en número- e divídense -en características e posibilidades- de paso de paso que aumenta o volume publicado e mingua o espazo adicado (ou adicable) e mentres medran as ideas impresas no espazo dixital, unha alternativa saudable, pero só iso, alternativa.
Non, un día coma hoxe non me fixo por un club de lectura, pero haber, hainos, e imaxino como pode ser o que outro día anunciábame a tortilla compartida como reclamo extra de comunidade para a convocatoria do cartel, xa atractivo de por si -ao menos, para min-. Se non un club ou semellante, hoxe, sempre queda a nube para intercambiar. De novo, Bookcrossing, ou Goodreads, entre os lugares máis concorridos.
23 de abril. Os días seguen a medrar coa primaver anunciando e cumprindo se sobras co bo tempo e ánimo. Non escolleron mal o día do libro, máis aló de celebrar anos da morte de Cervantes ou o nacemento de Shakespeare (ou da batalla de Cacheiras!)
Fóra do radar e deste escrito quedan outras cousas, como o nada desprezable uso -para a saúde da industria do libro- uso decorativo e de distinción que se deu e coido que aínda se pode dar nalgúns lugares, a queima de libros ou a súa prohibición (de actualidade nos EEUU) e outros






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



