O grupo municipal popular reivindicou a través dunha moción en pleno o arranxo do pavimento e o repaso da pintura da estrada de Vilela
Ribadeo, 3 de maio de 2023. O grupo municipal popular de Ribadeo lamenta a falta de planificación e de xestión do goberno do BNG en materia de infraestruturas. Os populares resaltan que as presas coa que está actuando o goberno do BNG en cuestións como a de pintar a última hora a estrada de Vilela son froito do nerviosismo, os conflitos internos e a proximidade das eleccións e que, a súa vez, tradúcense en “zarapallada tras zarapallada. Todo a última hora, rápido e correndo. O único que demostraron foron catro anos de parálise, conflitos internos e de desculpas que xa ninguén cre”.
A coordinador de promoción local do PP de Ribadeo asegura que “non é ningunha sorpresa que este goberno do BNG fai todo con moita presa. É normal que cando se deixa todo para o último momento non da tempo a facer as cousas de forma axeitada. O último foi a de pintar a estrada de Vilela ás dez da noite”.
Neste sentido, Saiz subliñou que o grupo municipal popular levou a pleno unha moción onde se reivindicaba en favor dos veciños de Ribadeo que se pintara a estrada de Vilela de novo ante o desgaste das liñas de separación de carrís e co arcén. “Pero e que nesa mesma moción reivindicábamos no punto anterior que se fixera un arranxo do pavimentado xa que está en mal estado, pero parece ser que se lles pasou leélo ou non souberon interpretalo”, di a coordinadora de promoción local.
Outro dos aspectos nos que o grupo municipal nota este nerviosismo é na colocación de vallas e andamios por todo Ribadeo. “Todos os veciños sabemos que vai quedar precisamente niso, en vallas e estados colocados porque si tiveran intención de facelo, xa o terían feito. Tempo tiveron”, resalta Saiz.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


