A Mariña, 12 de maio de 2023. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense avanza na execución do Plan de Sostibilidade Turística 2022 – 2024, cofinanciado pola propia Mancomunidade – co apoio da Deputación de Lugo -, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo. Os técnicos traballan nos pregos de licitación para, nun curto prazo, comezar a contratar os proxectos vinculados ao turismo deportivo e de natureza.
Desde a Mancomunidade explican que “dende fai xa uns meses o ente xestor do turismo na comarca ocúpase, xunto a Concellos e axentes relacionados -nun necesario exercicio de participación-, na definición de actuacións prioritarias e de maior envergadura que teñen que ver, por exemplo, co reforzo de infraestruturas, produtos e experiencias turísticas sostibles en torno ao deporte e a natureza coa concreción dun plan operacional”.
Francisco Cajoto, presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, referiuse ao plan operacional para o turismo deportivo e de natureza: “os técnicos da Mancomunidade traballan nos pregos de licitación para, nun curto prazo, comezar a contratar a redacción do proxecto técnico dun Centro BTT, que implicará a definición dunha gran ruta BTT circular e de rutas satélite por concello, tres puntos de acollida repartidos no territorio con servizos de recepción e información, parking, baños e duchas…ou a ubicación e características de 13 puntos de reparación de bicicletas que deben facilitar de xeito gratuíto nos concellos onde non haxa punto de acollida a posta a punto e a realización de reparacións básicas que a persoa usuaria poda necesitar.
Estamos a falar de elementos básicos tales como bomba de aire, chave inglesa, kit de chave Allen e Torcx, e desmontables, entre outros. Tamén se está traballando nos pregos para o proxecto técnico dunha rede de rutas de sendeirismo, os servizos para a elaboración de estudos de capacidade de carga de 11 recursos con especial fraxilidade do territorio, ou o deseño, organización e execución dun programa de xeorutas e do Xeolodía en 2024. Outras accións a acometer serán o subministro de bicicletas eléctricas ou organización e xestión de cursos TD1 de surf, do que pronto se anunciará a primeira edición”.
Tania Hermida, xerente do Plan de Sostibilidade, relatou que “a medio prazo abordaranse cuestións transversais coma a creación de contido de turismo deportivo e de natureza destinado á web e outras ferramentas de promoción do destino, ou o deseño e a execución dun programa de apoio á involucración do sector turístico privado, ademais dun circuíto ou liga de surf, a organización dun encontro de turismo ornitolóxico, a formación nesa mesma materia e en xeoloxía ou no uso da tecnoloxía para rutas sendeiristas e de BTT mais a activación dun perfil ORG oficial da Mariña Lucense na plataforma Wikiloc”.
Desde a Mancomunidade indican: “ao mesmo tempo séguese traballando no resto de eixos e liñas do PST, reflexionando da man dos diferentes actores involucrados nas posibilidades e actuacións concretas. Este mércores, mantívose a primeira formación do SICTED, no que esta anualidade participarán mais dunha trintena de empresas e axentes do territorio. Dende a Mancomunidade móstranse motivados pola boa acollida desta certificación, que funcionará coma punto de encontro do sector turístico da Mariña”.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



