O popular considera que se trata dun caso de “discriminación por sectarismo” que demostra “a clase de categoría política da alcaldesa” que ten prexudicado a unha veciña vinculada ao partido da oposición
Trabada, 12 de maio de 2023. A alcaldesa de Trabada notificou ao portavoz popular e candidato á alcaldía, José María Fernández, a aprobación de acceso ao servizo de atención residencial no Centro de Atención a Maiores do Concello de Trabada da súa nai ao día seguinte de ter anunciado que presentaría denuncia ante a fiscalía. Fernández considera que “a alcaldesa se delata e, desta maneira, vén a recoñecer que se estaban a vulnerar os dereitos dunha veciña de Trabada en situación de dependencia ao non ser avaliado pola comisión municipal en tempo e forma o seu expediente”.
O expediente da nai do portavoz popular non foi avaliado pola comisión na súa reunión de decembro a pesar de que a solicitude xa fora presentada en novembro. Dende entón, pasaron máis de cinco meses esperando unha resolución. Incluso o portavoz tivo que solicitar por segunda vez ao goberno local acceso ao expediente das valoracións efectuadas.
José María Fernández considera que “con este proceder constátase que este caso estaba sendo discriminado por sectarismo político”. E engade: “Isto demostra a clase de categoría política da alcaldesa socialista e a súa total falta de sensibilidade cunha veciña en situación de dependencia que precisa de atención especializada polo feito de estar vinculada ao portavoz da oposición”.
O popular asegura que esta situación lle causou prexuízos á súa familia e, especialmente, á persoa afectada por ter que desprazarse a outro centro doutra localidade en lugar de recibir atención no seu propio concello. É por iso polo que estudará presentar unha demanda por danos e prexuízos.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



