Nota de Prensa
O XULGADO ARQUIVA PROVISIONALMENTE 8 DOS 45 PROCESOS XUDICIAIS EMPRENDIDOS POLA ANTERIOR XUNTA DE GALICIA CONTRA O CONCELLO DE BARREIROS EN MATERIA URBANÍSTICA. ALFONSO FUENTE SINALA QUE “PARA NÓS É UNHA BOA NOTICIA E AGARDAMOS QUE NESE SENTIDO VEÑAN AS OUTRAS RESOLUCIÓNS”.
Barreiros, 7 de setembro de 2010. O xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo decidiu arquivar provisionalmente 8 dos 45 procesos xudiciais emprendidos no seu día pola Consellería de Política Territorial contra o Concello de Barreiros en materia urbanística “hasta que cualquiera de las partes solicite su reanudación o se produzca la caducidad de la instancia”.
O rexedor acaba de explicar que “onte recibíamos a información por parte do gabinete de abogados do Concello de que o xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo decidía o arquivo destes 8 expedientes que se enmarcan dentro dos 45 abertos contra o noso Concello por parte da anterior Xunta. Esto se ven a unir a aquela sentencia que coñeciamos hai uns días sobre o fondo urbano que lle daba a razón ao promotor e ao Concello dicindo que nós non concedemos licencia sobre solo rústico. Aquí hai un arquivo provisional e polo tanto non vai haber sentencia nestes 8 expedentes. Na resolución o seus motivos terá o xulgado para arquivalos e non continuar con esto, para nós é unha boa noticia e agardamos que nese sentido veñan outras resolucións”.
Alfonso Fuente mantén “o que viñamos decindo sempre, con toda a cautela de que nalgún momento nos puidéramos ter equivocado, sempre pensamos que actuamos correctamente e así nos mantemos e agora vemos estas resolucións que deciden arquivar estes expedentes e como decía esa outra sentencia que daba a razón ao Concello e ao promotor”.
O alcalde considera que “á vista desto os promotores estarán esperando que vaian chegando as súas resolucións, hai que ter en conta que unhas están no Contencioso Administrativo nº 2 e outras se tratarán noutros xulgados. Hai que agardar, o que non podemos facer nunca é anticiparnos, hai que ser respectuosos coas decisións xudiciais. Todos están expectantes polos posibles arquivos ou porque se tramiten os procesos e salga unha sentencia”.
Fuente Parga subliña que “segue para adiante o convenio asinado en abril coa Xunta, Deputación e Augas de Galicia para desbloquear este tema. Onte mesmo me reunín en Santiago co conselleiro Agustín Hernández para analizar esta situación e ver cómo viñamos facendo noutras ocasións, prazos e cómo temos que ir. Ese continuo contacto e directo debeuse facer sempre entre o alcalde e o conselleiro, as cousas se falan, se poñen enriba da mesa e se buscan solucións. Nós desde o Concello agardamos ter todo listo antes de finais de ano, levantadas as medidas cautelares e pensando xa que no 2011 se inicien esas obras que se recollen no convenio e que se prolongarán ata o 2013. Vannos levar a ter unhas depuradoras tanto de auga potable, de augas residuias, iluminación… e todo o que recolle ese convenio que fará que sexamos unha envexa para outros concellos. O que queremos é que se vaian cumprindo os prazos e que se executen as obras”.
O Xulgado arquiva procesos xudiciais sobre o urbanísmo en Barreiros hasta que caduquen ou se solicite a reanudación

Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"