Ribadeo, 25 de maio de 2023. Rematou en Ribadeo a situación de risco da influencia aviaria en aves. O alcalde, Fernando Suárez, así o deu a coñecer a través dun Bando.
Nesa comunicación indica que “dende a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia remitiuse a este concello Comunicación sobre a situación de risco en relación á influenza aviaria en aves solicitando a súa difusión entre todos os veciños e veciñas de Ribadeo”.
No Bando da Alcaldía explícase que “o pasado 11 de maio, as autoridades competentes en sanidade animal das Comunidades Autónomas máis o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) acordaron o levantamento das medidas de restrición sanitaria vixentes desde o pasado 20 de decembro de 2022 en España nas zonas ZER e ZEV. Deste xeito, nos concellos situados en ZEV, deixarán de aplicarse as prohibicións que ata agora estaban en vigor, non adoptándose ningunha medida especial, agás a autorización previa para a celebración de calquera tipo de concentración de aves, por parte das Consellerías do Medio Rural (no caso das aves de curral) ou de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (para o resto das aves)”.
E engade: “non obstante, a diminución do risco da IAAP non implica a ausencia total do mesmo polo que cómpre seguir certas recomendacións. Para calquera dúbida ou aclaración poden contactar coa Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, nos teléfonos 981 544 777 – 881 999 070 ou no correo electrónico mediorural.dxgaia@xunta.gal”.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



