“A xente transmítenos ganas de que sigamos gobernando alí onde xa o facemos e ganas de cambio onde non gobernamos, porque somos a única opción política que garante o progreso e o futuro desta provincia”
Lugo, 26 de maio de 2023. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, fixo hoxe un balance da campaña electoral “valorando dun xeito moi positivo o traballo que os socialistas fixemos durante este tempo”. O partido demostrou a súa “forza como organización, a súa unidade e a súa capacidade de traballo” para “trasladar a todos os veciños e veciñas as nosas ideas e un proxecto que non ten outro obxectivo que mellorar a vida da xente, situando ás persoas no centro de todas as políticas”, destacou José Tomé.
“Temos os mellores candidatos e candidatas, e fixemos unha gran campaña, en positivo, con propostas, na que explicamos o traballo feito, e na que expuxemos o proxecto de futuro que temos para cada un dos 67 concellos da provincia; ilusionante e mobilizadora, que foi moi ben acollida polos veciños”, pois asistiu “moita xente a todos os actos que celebramos por todo o largo e ancho da nosa provincia, que foron moitos”, subliñou o líder socialista.
“A xente transmítenos ganas de que sigamos gobernando alí onde xa o facemos e ganas de cambio onde non gobernamos, porque somos a única opción política que garante o progreso e o futuro desta provincia”, asegurou José Tomé, quen deu os parabéns a todos os candidatos e candidatas e ós seus equipos, mostrando “a convicción e a plena confianza de que todo o traballo que fixemos os compañeiros e compañeiras socialistas vaise traducir o vindeiro domingo nuns bos resultados para o Partido Socialista nas urnas: manteremos as alcaldías que demos, gañaremos outras e manteremos o Goberno da Deputación de Lugo”.

























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



