As parcelas elixidas no polígono industrial pola empresa, de Huarte-Pamplona, son as números 17 e 18
Mondoñedo, 3 de xuño de 2022. A empresa Vicarli faise con terreos no polígono industrial para construír as instalacións necesarias para almacenamento e subministro de repostos de aeroxeradores para o mantemento de parques eólicos. Ademais, a empresa xa abonou a reserva para a almacenaxe. O goberno local expresa así a súa satisfacción pola decisión adoptada por esta empresa.
En concreto, os terreos cos que se fai a citada firma industrial son os números 17 e 18. Desta maneira, materialízase o interese demostrado por dita empresa, da que no pasado mes de marzo se desprazaron a Mondoñedo José Manuel Tejada Sáenz, director xeral, e o arquitecto desta firma, Javier Lana. Os dous representantes de Vicarli mantiveron entón unha reunión co alcalde, Manuel Ángel Otero Legide, coa arquitecta dos servicios municipais e o axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello.
Creación de emprego
A intención da empresa é comezar en Mondoñedo cos 5 traballadores que tiña no pequeno almacén que utilizaba en Foz, e, a medida que mede o proxecto, ir incorporando persoal. Hai posibilidades de que chegue a ter 11 persoas de aquí a 3 anos.
Vicarli, situada en Huarte-Pamplona, ten dúas liñas de negocio: o transporte e a loxística. Na área do transporte, conta cunha frota de 150 camións, entre propios e externos. Pola súa banda, a actividade loxística abarca en total máis de 200.000 metros de almacén.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



