Foz, 14 de xuño, 2023. Nun mundo que avanza a pasos axigantados, a miúdo esquecémonos daqueles que camiñaron antes que nós, daqueles cuxos pasos son máis lentos e cuxas voces se escoitan menos, de prestar atención a quen máis experiencia e sabedoría acumularon ao longo dos anos: os nosos maiores.
No Día Mundial da toma de conciencia do abuso e malos tratos na vellez, queremos lembrar a importancia de valorar, protexer e respectar aos nosos maiores. É momento de abrir os nosos ollos e corazóns á realidade que moitos enfrontan en silencio, e comprometernos a xerar un cambio positivo nas súas vidas.
“Hai algúns anos, tiven a fortuna de coñecer a Don Miguel, un home de avanzada idade que vivía nunha pequena casa ao final da rúa. A primeira vez que o vin, impresionoume o seu rostro engurrado, as súas mans temblorosas e os seus ollos cansos pero cheos de vida. Desde ese momento, souben que atopara un tesouro escondido no medio da indiferenza da sociedade.
Don Miguel converteuse no meu mestre silencioso. A través das nosas conversacións, descubrín unha historia chea de amargura e soidade. Sufría o doloroso abandono da súa familia, quen deixara de visitalo e afastáronse, esquecendo os anos de amor e coidado que el lles brindou. O seu relato conmoveume profundamente e espertou en min unha inmensa indignación.”
Non podemos evitar preguntarnos, como é posible que as persoas que máis deberían coidar dos nosos maiores sexan as mesmas que lles causan tanto dano? Os malos tratos na vellez maniféstase de moitas formas: abuso físico, malos tratos psicolóxicos (edadismo), violencia sexual, neglixencia ou abandono, abusos económicos ou financeiros e negación de dereitos e de liberdade para decidir. Estas situacións deberíannos chamar á acción e lembrarnos que o respecto e o agarimo son dereitos inalienables de todas as persoas, sen importar a súa idade.
“Lembremos que, en última instancia, todos compartimos o mesmo destino e mañá poderiamos ser nós quen necesite comprensión e coidado.”
O abuso e malos tratos na vellez non coñece fronteiras, afectando tanto a nivel familiar como en contornas de coidado profesional e non profesional. É fundamental recoñecer e abordar esta dolorosa realidade para protexer aos nosos maiores e garantir que vivan en contornas seguras, onde se lles brinde o amor, o respecto e o coidado que merecen. Xuntos, debemos traballar para erradicar este ciclo de abuso e malos tratos e promover unha cultura de dignidade e compaixón cara aos nosos seres queridos na súa etapa máis vulnerable da vida.
Detrás de cada engurra e cada cabelo prateado, hai unha vida chea de experiencias, alegrías e sacrificios. As nosas persoas maiores han construído o camiño que hoxe pisamos, e merecen ser honradas e respectadas pola súa sabedoría e contribucións. Con todo, en ocasións, a súa realidade é moi distinta. O abuso e malos tratos na vellez é unha sombra que se cerne sobre moitos deles, deixando cicatrices invisibles pero profundas nas súas vidas.
Cómo podemos mirar hacia outro lado cando as nosas mans teñen o poder de aliviar o seu sufrimento? Cómo podemos permitir que a indeferenza perviva e permita que o ciclo do abuso e malos tratos se perpetúe?
“A vellez non debería ser sinónimo de sufrimento e soidade, senón de respecto, coidado e afecto.”
Cambiemos a narrativa da vellez, afastándonos de estereotipos negativos e abrazando a riqueza e a sabedoría que as nosas persoas maiores teñen para ofrecer. Aprendamos das súas experiencias, escoitemos as súas historias e honremos o seu legado.
Como sociedade, debemos establecer unha rede de apoio para as nosas persoas maiores. Isto implica promover a educación e a conciencia sobre o abuso e malos tratos na vellez, así como fortalecer os mecanismos de denuncia e protección. Tamén debemos asegurarnos de que existan recursos adecuados para atender as necesidades físicas e emocionais dos nosos maiores, brindándolles unha contorna segura e amorosa onde poidan envellecer con dignidade.
Pero a responsabilidade non recae unicamente nas institucións públicas e autoridades. Todos e cada un de nós temos a capacidade de marcar a diferenza na vida dunha persoa maior. Un simple xesto de amabilidade, unha visita regular ou unha escoita atenta poden ter un impacto profundo en alguén que sente só ou maltratado. Debemos lembrar que o respecto e a empatía non teñen idade, e que todos merecemos ser tratados con dignidade, sen importar cantos anos teñamos.
Se o seguimos permitindo, estaremos a traizoar o seu legado e sementando as sementes da nosa propia dor no futuro. Xuntos podemos romper o ciclo dos malos tratos ás persoas maiores.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



