Ribadeo, 16 de xuño de 2023. O segundo trimestre cultural do Concello de Ribadeo remata co programa Apego e cunha proposta literaria musical e visual.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero Cabarcos, dixo que “remata o trimestre cunha mostra da liña cultural que se veu desenvolvendo durante estes anos, caracterizada pola calidade, a variedade en canto a públicos e xéneros, a estabilidade da oferta e a colaboración coas asociacións culturais do concello. Así, o vindeiro 24 de xuño teremos a última actividade deste semestre do programa Apego, que como sabemos busca potenciar a transmisión do noso idioma ás novas xeracións”.
A edil explicou que “Na procura das bágoas sereas é unha actividade destinada ás familias con crianzas de 3 anos en diante. Vincula a ecoloxía coa aprendizaxe do léxico relacionado coa mar. Consistirá na recollida de refugallo nunha praia para concienciar sobre o problema da contaminación mariña e con este material construirase un móbil que logo decorará as casas e cuartos infantís. Polas condicións da marea, a persoa encargada de desenvolver a actividade, a ribadense Patricia Pérez Leal, elixiu como escenario a praia de Lóngara, en Barreiros. No aparcadoiro grande deste areal xuntaranse as familias ás catro da tarde, como diciamos, o sábado 24 de xuño”.
Otero Cabarcos sinalou que “o segundo evento, ese mesmo día ás oito e media da tarde no auditorio municipal, é A luz, orión e a nova luz, unha proposta de Miguel Rodríguez Monteavaro, da Universidade de Uvieu e veciño de Boal. Trátase dunha proposta literaria, musical e visual en galego (na variedade asturiana) que pretende contar un conto grazas ás novas formas de expresión do século XXI. A idea principal do proxecto é desenvolver un espectáculo de poesía, son e visuais contemporáneos baseado na revisitación do mito clásico do heroe Orión”.
E engadiu: “o mes remata coa XI edición do Curso de Iniciación ao Jazz e á Música Moderna organizado pola Asociación Cultural Bruar. Colaboran na organización varias entidades, entre elas o Concello de Ribadeo. É este un curso para o que aínda está aberta a matrícula no teléfono 677 73 40 84 e do que poderemos ver unha mostra co concerto final que terá lugar o domingo 2 de xullo”.























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



