Viveiro, 20 de xuño de 2023. O Concello de Viveiro presentará nos próximos días a programación da Feira Renacentista, que terá lugar do 6 ao 9 de xullo de 2023. Trátase dunha programación que ten como obxectivo ambientar a vila con actividades culturais e musicais.
O Concello de Viveiro adianta certos trámites relacionados coa feira, como o préstamo de mesas e cadeiras, solicitudes de postos de artesanía e de colocación de mesas para ceas e comidas na rúa.
Con respecto á celebración de comidas e ceas na rúa durante a xornada do sábado, todas as previsións apuntan ao incremento das comidas e ceas servidas polos locais de hostalería, ao que se suma que o material de titularidade municipal nunca alcanza para cubrir a demanda existente. Tendo en conta estas dúas situacións, como en anos anteriores, o Concello adoptou a decisión de facilitar o préstamo de mesas e cadeiras unicamente para comidas e ceas que teñan lugar o sábado organizadas por particulares.
A decisión adóptase atendendo á grande demanda de anos anteriores, que obrigaba a repartir o material existente entre todas as solicitudes presentadas e resultando que aos locais de hostalería se lles facilitaba unha cantidade ínfima con respecto ao número de mesas e cadeiras que solicitaban.
Para que o concello poida prestar mesas e cadeiras a particulares (para a celebración de comidas ou ceas o sábado 8 de xullo), é preciso que se presente unha solicitude por escrito, no rexistro municipal do concello, indicando o material solicitado, a ubicación na que se vai colocar a mesa, o número de participantes e o espazo público a ocupar, debendo axuntar documentación na que se reflexe a ubicación exacta e metros a ocupar.
Os locais de hostalería que desexen organizar comidas e ceas na rúa, nesa data, tamén deben presentar un escrito no rexistro municipal, indicando a ubicación na que se vai colocar a mesa, o número de participantes e o espazo público a ocupar, debendo axuntar documentación na que se reflexe a ubicación exacta e metros a ocupar.
Dende o concello quérese insistir na necesidade de que os datos que se faciliten nos escritos sexan o máis exactos posible, xa que en edicións constatouse unha diferencia notable entre as cifras comunicadas e as reais. Con esta información valorarase a viabilidade da situación das mesas para a súa colocación. Con esta información, ademais, determinaranse os lugares do interior do casco histórico nos que o concello vai instalar baños sanitarios.
As solicitudes para a colocación de mesas na rúa a presentar por particulares e hostaleiros e para o préstamo de material para comidas e ceas organizadas por particulares deben presentarse no rexistro municipal entre mañá, 21 de xuño, e o 30 de xuño de 2023. Non se atenderá ningunha solicitude presentada con posterioridade.
Para determinar o número de mesas e cadeiras que se presta a cada solicitante, terase en conta o número total de solicitudes e a dispoñibilidade do material. Porén, non se pode garantir satisfacer o 100% das necesidades de cada solicitante, mais intentarase distribuír o material existente entre todos as solicitudes.
As persoas solicitantes deberán recoller e devolver o material concedido no lugar, data e hora que se lles será comunicado con antelación.
Traballos de artesanía
As persoas empadroadas no Concello de Viveiro que realicen traballos de artesanía que queiran instalar un posto de venda na feira deberán presentar tamén unha solicitude no rexistro municipal entre o 21 e o 30 de xuño de 2023. En dita solicitude, farán constar os produtos que se pretende ofrecer e acompañando a solicitude dunha declaración xurada conforme dispoñen de todos os permisos necesarios para a actividade.
O modelo desta declaración será facilitado na casa do concello e a instalación destes postos será gratuíta. A xestión para a instalación destes postos levarase a cabo por parte da empresa contratada para a organización do evento, debendo pola súa parte aterse ás normas e horarios da feira.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



