A institución provincial ofreceu este luns unha xornada informativa para as entidades locais da provincia sobre a Canle de Denuncias, un servizo informatizado sobre infraccións normativas e loita contra a corrupción que esixe a UE
Lugo, 26 de xuño de 2023. O Deputado en funcións de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, deu a benvida a máis dunha decena de técnicos de diferentes concellos da provincia que participan este luns no Pazo de San Marcos nunha xornada informativa sobre o manexo dunha Canle de Denuncias. Tal e como explicou Rivera Capón, a Deputación de Lugo pon a disposición dos concellos, de xeito gratuíto, esta ferramenta de información que esixe a Unión Europea sobre infraccións normativas e loita contra a corrupción co fin de avanzar en transparencia e bo goberno.
“Nesta xornada ofrecemos información aos concellos sobre como poden activar a Canle de Denuncias, como é o proceso para realizar comunicacións ou como xestionalo”, asegurou o Deputado, quen tamén deu conta aos representantes municipais do convenio tipo que aprobou o pasado venres a Deputación na Xunta de Goberno para que os concellos se adhiran co fin de poder participar nas accións que a institución vai desenvolver grazas aos 4M€ que captou de fondos europeos para avanzar na dixitalización da administración local. Uns fondos que servirán para mellorar a resiliencia dos municipios, crear oficinas de asistencia en materia de rexistro, implantar un sistema de gravación nos plenos dos concellos da provincia ou mellorar a accesibilidade das páxinas webs dos concellos.
Á xornada asistiron representantes dos concellos de Antas de Ulla, Baleira, Baralla, O Incio, Láncara, Palas de Rei, O Páramo, Pedrafita do Cebreiro, A Pontenova, Ribas de Sil e Xermade. Un técnico explicoulles que, en cumprimento do establecido na Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, a Deputación Provincial de Lugo implantou xa este sistema interno de información e que servirá para que os cidadáns poidan informar sobre infraccións penais ou administrativas.
Na páxina web da Deputación xa se pode acceder a información relevante sobre a Canle de Denuncias, o responsable do sistema, os dereitos do informante e a política de protección de datos. Así mesmo, pódese consultar o procedemento establecido para a xestión das comunicacións recibidas.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



