Olalla Rodil lembrou que a televisión pública acumula 18 condenas nun ano por vulneración de dereitos e despidos improcedentes
Santiago de Compostela, 28 de xuño, 2023. Pleno. A deputada do BNG, Olalla Rodil pediu explicacións ao goberno tras a imputación de 8 directivos da CRTVG, incluído o seu director Xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo por “un presunto delito de acoso laboral” contra unha traballadora.
A deputada explicou que os propios informes do perito xudicial, da facultativa da CRTVG, dun psiquiatra do SERGAS e outro privado, diagnosticaron un cadro de ansiedade e depresión da traballadora derivado do “trato humillante e decisións arbitrarias da dirección da CRTVG contra ela”.
Para a nacionalista, esta circunstancia resulta “inadmisible” en calquera empresa pero moito máis “nunha pública financiada con d 100 millóns de euros públicos ao ano por todas as galegas e galegos”.
Sen embargo, engadiu, este non é o único caso e a “dirección que o Partido Popular puxo a dedo na CRTVG acumula centos de condenas por violar os dereitos das traballadoras e traballadores dos medios públicos nunha actuación sistemática e sistematizada contra quen se nega a manipular”. Que máis ten que pasar para que o Partido Popular cese a dirección da CRTVG? preguntou.
Cantos dereitos máis teñen que esmagar para que vostedes rectifiquen e cantas veces máis pensan arrastrar polo chan o prestixio dos medios públicos para que o Partido Popular acabe con este despropósito? recalcou.
Tras a intervención do Vicepresidente 1º, Diego Calvo que acusou ao BNG de atacar aos medios púbicos, a parlamentaria do BNG replicou amosando diversos titulares publicados polos medios de comunicación alusivos á perda da metade de litixios laborais da CRTVG. ATelevisión galega “do PP”, acumula en 17 anos cerca de 400 sentencias por “burlar os dereitos fundamentais e laborais”. Isto, dixo, non o inventa o BNG. Quen ataca aos traballadores e traballadoras, inquiriu a nacionalista.
O PP, subliñou Rodil puxo “a dedo e mantén no cargo” ao director Sánchez Izquierdo en contra do que di a propia lei e polo tanto, é responsable directo da situación da CRTVG e que máis ten que pasar para que o PP cese ao director Xeral da Corporación da Radio Televisión de Galicia.
Vostede, dixo Rodil dirixíndose ao vicepresidente 1ª “ pedía o cesamento do Director Xeral cando non gobernaban argumentando que o o Partido popular saía pouco pola tele” e agora estamos ante 18 condenas nun ano por violar dereitos fundamentais como a liberdade de expresión ou o dereito a folga, e o PP “mira para outro lado”.
“Se sacar pouco o PP na tele era un escándalo, que son 400 condenas xudiciais? volveu a preguntar a nacionalista”.
Devólvanlle os medios públicos de Galiza a quen pertencen, devólvanlle a CRTVG ás galegas e galegos, concluíu a deputada do BNG.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



