Mondoñedo, 29 de xuño de 2023. Este venres, 30 de xuño, comezan en Mondoñedo as Extra XVI Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño: Camiño de Santiago e Emigración – Homenaxe a Aandrea López Chao que rematarán en Santaballa (Vilalba) o domingo, 2 de xullo.
Unha das tres xornadas dedicarase a homenaxear á mestra e defensora dos dereitos sanitarios e sociais das mulleres galegas en Cuba, Andrea López Chao.
Venres, 30 de xuño: Inauguración dunha exposición e coloquios
As actividades daS Extra XVI Xornadas do Peregrino ‘Abrindo Camiño’ inícianse coa inauguración da exposición cedida polo Consello da Cultura Galega “O soño cubano da emigración galega”.
Este acto terá lugar na casa do Concello de Mondoñedo, o venres, 30 de xuño, ás 17:00h., lugar onde vai permanecer a mostra nas próximas datas.
A partir das 18:00h, no Auditorio Municipal Pascual Veiga darán comezo as mesas coloquio sobre o Camiño de Santiago e a Emigración que rematarán cun concerto de Música Galego-Cubana a cargo da Coral Mestre Pacheco.
A temática dos camiños de Santiago será analizada nas mesas-coloquio “O Camiño de Santiago. Itinerario cultural e dinamizador socioeconómico internacional” e “Os Camiños -e Santiago – en América: mito, toponimia e representacións. Presenza e tradición de Santiago en La Habana”.
O mundo da emigración será abordado na mesa “Emigración en Cuba. O Centro Galego da Habana e a súa interrelación con Galicia: a bandeira, o himno e a Real Academia Galega”.
Sábado, 1 de xullo: Homenaxe a Andrea López Chao
Esta xornada dedícase a homenaxear á Andrea López Chao, muller que naceu na rúa Casas Novas de Mondoñedo o 12 de febreiro de 1874 e faleceu na Habana (Cuba) o 19 de xuño de 1954.
Foi mestra en Mondoñedo ata que emigrou a Cuba onde desde 1904 exerceu case medio século como destacada profesora e directora do Plantel Concepción Arenal do Centro Galego da Habana. Como activista social e defensora dos dereitos sanitarios e sociais das mulleres galegas en Cuba participou na fundación de Hijas de Galicia en 1917, sociedade da que foi a primeira muller vicepresidenta. En 1923, en representación de Hijas de Galicia, tivo unha destacada intervención no I Congreso de Mulleres de Cuba.
Os actos comezan ás 10:30h. no Parque da Lembranza e Cemiterio Vello con unha ofrenda floral e lectura poética. A partir das 12:00h seguirase no Auditorio Municipal Pascual Veiga coa mesa coloquio “Andrea López Chao e a influenza doutras mulleres da época no seu labor na emigración: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal”.
As 14:30h. na área da Fervenza (Viloalle) procederase ao acto de inauguración do Centro de Interpretación da antiga Fábrica Electricista Mindoniense.
As 19 horas na Praza do Concello ofrecerá un Concerto Banda de Música “Sons e Soños” e posteriormente descubrirase un panel informativo na rúa Casas Novas, a carón da casa natal de Andrea López Chao.
A seguir, ás 20:30h, e no Auditorio Municipal Pascual Veiga terá lugar unha mesa coloquio arredor do labor de Andrea López Chao en Cuba, e poñerá fin á xornada a presentación do nº 4 de ‘Mondoñedo na Memoria’, xornal dedicado monograficamente á homenaxeada.
Domingo, 2 de xullo: Homenaxe a Andrea López Chao
O domingo ás Xornadas trasladaranse a Escola Habaneira de Santaballa (Vilalba) para desenvolver varios actos e mesas arredor do legado da emigración galega en Cuba.
O programa destas xornadas, confeccionado por unha ampla comisión presidida polo alcalde Mondoñedo, Manuel Otero Legide, parte da iniciativa do Concello de Mondoñedo e da Asociación “Abrindo Camiño” de Amigos do Camiño Norte de Santiago, e contan coa colaboración Liga Santaballesa, Concello de Vilalba, vicepresidencia e área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, diferentes consellerías da Xunta de Galicia, o Consello da Cultura Galega e outras entidades, colectivos e profesionais.
Todas as actividades son de asistencia libre e gratuíta.
Anexamos cartel, programa completo, o xornal monográfico ‘Mondoñedo na Memoria (PDF), unha fotografía e unha síntese biográfica de Andrea López Chao.Mondoñedo, 29 de xuño de 2023






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



