O foro contou con expertos no mundo da xerontotecnoloxía abordando temas no ámbito da robótica, a innovación ou o e-systems
Lugo, 29 de xuño de 2023. A Deputación de Lugo expuxo o seu modelo de residencias na primeira edición das Xornadas de Transferencia e Investigación organizadas pola Escola Politécnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela, dedicadas ao uso das tecnoloxías no ámbito xerontolóxico rural e urbano. O Deputado en funcións de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, foi o encargado de ofrecer este xoves a conferencia de clausura deste encontro, onde explicou o sistema de funcionamento da rede de centros públicos asistenciais implantado pola institución provincial en colaboración cos concellos.
Na súa intervención, Rivera Capón destacou “as infinitas posibilidades que as novas tecnoloxías, a automatización e a intelixencia emocional abren no eido do benestar e dos coidados ós nosos maiores”. Sen embargo, recalcou que na súa aplicación “é importante non confundir os medios e os fins”. “As novas tecnoloxías permiten albiscar solucións que estarían nas antípodas do que representan os nosos centros de maiores”. Referiuse o Deputado á posibilidade de empregar a Intelixencia Artificial e os robots como substitutivos da compañía humana para persoas que viven soas: “Evidentemente, as nosas residencias de maiores parten do principio de paliar a soidade apostando polo contacto humano, non por substituír este cunha aplicación tecnolóxica”.
Na actualidade, a Deputación conta con 9 centros de atención de maiores, situados nos concellos de Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro, Meira, Navia de Suarna e o recentemente posto en funcionamento en Ribas do Sil.
A institución ten implantado un modelo de xestión dos centros público, con atención personalizada, que favorece o benestar, a calidade de vida e a tranquilidade dos maiores e das súas familias, e que, ademais, ten un retorno económico importante na zona na que se implantan, pois crean emprego sostible no rural e dinamizan a economía local, contribuíndo deste xeito a fixar poboación.
“Rexeitamos o modelo imperante de grandes residencias de 100 ou máis prazas instaladas nos grandes centros de poboación. Entendemos que esta atención masificada non se corresponde co que precisan os maiores, e obrigalos a cambiar o seu entorno de residencia para recibir atención é un erro”, subliñou Rivera Capón.
Ao remate da súa intervención lembrou o Deputado “o modelo de vangarda e de trato humano que aplicamos nos nosos centros de maiores”, sinalando “que facemos tecnoloxía para que axude ás persoas, para que lles facilite a vida, para que as poña en contacto ás unhas coas outras”.
Pablo Rivera tamén participou no acto de peche das xornadas, no que estivo acompañado por Miguel Ángel Vázquez, profesor da área de Psicobioloxía do Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa da Universidade de Vigo, e Carlos Dosil, profesor da área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
As xornadas, que se desenvolveron entre onte e hoxe no Salón de Actos da Escola Politécnica de Enxeñería, contaron con expertos no mundo da xerontotecnoloxía abordando temas no ámbito por exemplo da robótica, a innovación ou o e-systems. A xerontotecnoloxía refírese á aplicación da tecnoloxía no ámbito do avellentamento humano incluíndo a investigación de aspectos biolóxicos, psicolóxicos, sociais e médicos do avellentamento.
Tendo en conta que en Europa, nun cuarto de século, a poboación maior de 65 anos será entre un 23% e un 36% do total, este campo eríxese como un asunto de máxima importancia.





















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



