Castiñeira di que “o Concello de Foz ten outras prioridades; a principal non é subir o custo do goberno”
Foz, 7 de xullo de 2023. Esta tarde celébrase no Concello de Foz o pleno de organización e o grupo municipal do PP xa anuncia o seu voto en contra, porque entende que a reedición do bipartito PSOE-BNG non responde aos intereses do municipio. O portavoz popular, Javier Castiñeira, anuncia: “O grupo municipal do PP votará non a unha nova reedición do bipartito no goberno de Foz, por varias razóns. Por un lado, porque son eles mesmos, os membros dese novo bipartito que se propón neste pleno de organización, os primeiros que desconfían uns dos outros. Así o puidemos vivir nestas últimas semanas, que son as primeiras da lexislatura e nas que o que vimos é que existe un total desacordo e unha absoluta desconfianza entre o Bloque Nacionalista e o Partido Socialista, en definitiva, entre o alcalde de Foz e o que pretende nomear como tenente de alcalde”.
Castiñeira explica: “O PP xa percibiu na pasada lexislatura numerosos desencontros nos que nada tiñan que ver o pensamento e as decisións do Partido Socialista coas do seus socios no goberno (BNG). Outra das razóns é que estamos en absoluto desacordo no incremento do custo do equipo de goberno. Xa batiamos récords no mandato pasado, con 10 concelleiros e varias dedicacións, e agora o que se pretende e duplicalas. O Concello de Foz ten outras prioridades; a principal non é subir o custo do goberno”.
Os populares consideran que as tres dedicacións que propón o equipo de goberno duplicaranse cando se constitúa o goberno da Deputación de Lugo. Entendemos di Castiñeira- “que o alcalde terá unha asignación da Deputación”. Engade: “Non se deixa claro neste pleno de organización quen vai percibir as dedicacións; se o alcalde cede a súa, queremos sabelo de antemán”.
Para os populares, será “un goberno máis caro, con máis concelleiros e máis dedicacións, o que non asegura un mellor goberno; o que necesita Foz non son dedicacións exclusivas ou parciais senón máis dedicación para mellorar o pobo, o que non houbo durante os catro anos pasados”.
Castiñeira di: “Reeditar un bipartito que dende o principio mostra discrepancias e unha probada máis de que priman os intereses persoais e partidistas fronte aos intereses de todos os focenses. O PP fará unha oposición construtiva, propositiva; estaremos aí para o que necesite o equipo de goberno, pero poñendo sempre por diante os intereses do noso pobo”.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



