Os populares apostan por facilitar a transferencia de coñecemento ás empresas, desenvolver a carreira profesional do investigador, atraer o talento internacional e o retorno do español
Lugo, 9 de xullo de 2023. O cabeza de lista do PP ao Congreso pola provincia de Lugo, Francisco Conde, subliñou a “clara aposta do Partido Popular pola investigación, o desenvolvemento e a innovación, que son determinantes para a competitividade de España”. Nese sentido, “o Partido Popular elevará o investimento en I+D+i”. Así o trasladou durante unha visita ás instalacións de Medrar Smart Solutions, unha empresa lucense que ofrece servizos de estratexia e crecemento empresarial, proxectos de innovación e I+D+i, transformación dixital e Industria 4.0.
Conde explica que “canto máis innova un país, máis atractivo resulta para os inversores que coas súas achegas axudan a crear máis postos de traballo e mellorar a calidade de vida da poboación”. Na actualidade, España ocupa o posto número 14 entre os 27 da Unión Europea en innovación segundo Eurostat 2020.
O candidato defendeu as medidas que o Partido Popular quere implantar dende o Goberno de España en materia de I+D+i como, por exemplo, a elaboración dunha lei para a transferencia do sistema de innovación ás empresas españolas. Así mesmo, Alberto Núñez Feijóo quere tamén apostar dende o Goberno de España por ampliar a Lei para a transformación dixital do sistema financeiro ás startups, aplicar reducións fiscais e incrementar as axudas e subvencións ás empresas que dediquen recursos a I+D+i. E apoiar, non só a investigación e a innovación, senón tamén ás empresas tecnolóxicas que desenvolvan e comercialicen os seus produtos e servizos.
CIENCIA E INVESTIGACIÓN
Conde defende “protexer os dereitos laborais dos investigadores, atraer talento internacional e procurar o retorno do talento español”.
Os populares apostan por establecer os mecanismos para que a ciencia estea á man das universidades e empresas e establecer pontes entre a ciencia e as empresas para que as patentes españolas non emigren ao estranxeiro. Igualmente, recollen no seu programa promover as carreiras científicas e os estudos de STEM, especialmente entre as mulleres; fomentar a investigación en ramas científicas como as artes, as humanidades, as ciencias sociais e a saúde mental, especialmente en menores. E tamén priorizar a sostibilidade das liñas de investigación cando ao financiamento europeo dos proxectos se esgote.



















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



