A institución provincial colabora cunha achega de 6.000€ nesta iniciativa impulsada por ACISA, na que se repartiron 150.000 rifas entre os clientes dos establecementos locais asociados para sortear unha viaxe a Cuba para dúas persoas. Cajoto puxo en valor esta campaña, que “incentiva as vendas en plena campaña de rebaixas do comercio local e fomenta o turismo aproveitando a enorme afluencia de visitantes que atrae esta festa”. Ademais de colaborar na promoción do Ribadeo Indiano colaborando con ACISA, a Deputación enxalzou a cita implicando nela ás persoas que viven no seu Centro de Atención a Maiores na localidade, que desfrutaron dun menú especial e caracterizáronse de época.
![O Deputado provincial e Alcalde de Foz, Francisco Cajoto Caserío, participou este domingo no sorteo da campaña de dinamización do comercio local De Ribadeo a Cuba, que pechou a oitava edición do Ribadeo Indiano](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2023/07/IMG-20230709-WA0055-1024x682.jpg)