Un grupo de persoas voluntarias traballaron na reposición dun muro nas Ucheiras
Lugo, 22 de xullo de 2023- Un grupo de persoas voluntarias coordinadas por Adega traballaron este venres na restauración dun valado de pedra seca tradicional na zona das Ucheiras, en Muras. A actividade desenvolveuse no marco do proxecto “Patrimonio Rural. Custodiando o noso legado máis singular”, que a asociación ecoloxista desenvolverá nos vindeiros meses co financiamento da área de Medio Rural da Deputación de Lugo e que inclúe diferentes accións de divulgación, custodia, restauración e conservación do patrimonio cultural e ambiental en entornos rurais da provincia.
O deputado de Medio Rural Daniel García achegouse ata Muras para coñecer de primeira man as tarefas desenvolvidas na zona e valorou “a iniciativa pola súa contribución á recuperar e divulgar o valor cultural e ambiental destes muros de pedra seca, unha técnica de construción declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco”
A xornada é a primeira das actividades desenvolvidas dentro do programa “Patrimonio Rural. Custodiando o noso legado máis singular”, que, ademais dos muros tradicionais, atenderá outros elementos patrimoniais como mámoas, dolmes ou petróglifos, reforzando o traballo que Adega ten realizado neste eido con acordos de custodia con titulares de terras en distintos concellos e comarcas.
Entre outros obxectivos, o programa, que conta cunha achega de 15.000 euros por parte da área de Medio Rural, servirá como paraugas para ampliar os acordos de custodia do territorio na provincia, crear unha base de datos de persoas e entidades propietarias para a custodia territorial e adquirir en propiedade novas parcelas. Tamén se actuará no ámbito do voluntariado, involucrando nos grupos á poboación local e formando ás persoas voluntarias na defensa e na restauración do patrimonio.
O proxecto inclúe ademais actividades de divulgación e interpretación, como a instalación de sinaléctica e paneis informativos, a organización de charlas e roteiros ou a elaboración de material divulgativo e didáctico.
Ao tempo, o desenvolvemento das actividades permitirá detectar ameazas concretas ao patrimonio rural e ofrecer asesoramento ténico e xurídico á veciñanza afectada, así como avanzar na catalogación e inventariado de bens patrimoniais que requiran desas figuras de protección.





















A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.



