No Grupo Popular denuncian que Tomé negouse unha vez máis a realizar un reparto igualitario dos medios do parque móbil provincial, beneficiando a municipios gobernados por PSOE e BNG, mantendo outros catro anos máis un equipo permanente en Monforte
Lugo, 26 de xullo de 2023. Os deputados populares critican a “nula transparencia e falta de vontade para tratar de xeito igualitario aos lucenses” independentemente do municipio no que residan tras ver como o goberno provincial negouse a crear unha mesa de traballo para repartir de forma xusta os medios do parque móbil entre todos os concellos lucenses para que poidan realizar os traballos de arranxo e mantemento necesarios nas redes viarias de titularidade municipal.
O voceiro provincial popular sinala que “pese a que era de agardar este rexeitamento, non deixa de ser unha decepción, xa que o goberno de Tomé está a dar as costas a miles de veciños da provincia”, chegando ao extremo de que “hai medios do parque móbil que nos últimos catro anos non marcharon de Monforte e seguramente nestes próximos catro anos pasará o mesmo”.
Os datos son teimudos e amosan como nos primeiros cinco meses de 2023 o goberno de Tomé asinou 58 convenios de colaboración cos concellos da provincia, aprobados en xunta de goberno, para realizar tarefas de mantemento da rede viaria, sendo 44 destes concellos gobernados polo PSOE, 11 polo BNG, 3 independentes e ningún polo PP.
Uns convenios que se traducen nun investimento de 10.533.037,49€, dos que 9.250.361,72€ foron a municipios gobernados por socialistas; 1.055.453,26€ a concellos gobernados por nacionalistas e 227.222,51€ investidos en municipios liderados por independentes. “O resultado é a ausencia de convenios con concellos gobernados polo Partido Popular, unha clara discriminación cos lucenses da provincia, xa que a maior parte dos municipios están gobernados por alcaldes e alcaldesas populares”, sinalan.
Constitución da comisión de queixas e suxestións
Os deputados populares tamén pediron que o goberno provincial constituíse a comisión de queixas, suxestións e reclamacións da Deputación Provincial para poder facer un seguimento das reivindicacións que fan os veciños da provincia. “O que fixeron os deputados socialistas e nacionalistas foi votar en contra de aplicar o artigo 74 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo, que PSOE e BNG aprobaron en 2020 e que foi publicado no BOP o 3 de setembro dese mesmo ano.
Os populares non entenden “o non polo non” de PSOE e BNG xa que nesta comisión todos os grupos políticos poderían realizar un seguimento das queixas realizadas polos lucenses, garantindo “a defensa dos dereitos dos veciños”.
Outras iniciativas
Antonio Ameijide esixiu luz e taquígrafos ao goberno provincial acerca da creación dun ‘Tribunal administrativo de recursos contractuais da Deputación Provincial de Lugo’ que hoxe aprobaron en pleno tanto PSOE como BNG.
O voceiro popular recordou que en Galicia xa existe un órgano de relevancia neste sentido, o Tacgal, creado hai máis de 5 anos e que dá servizo a todas as entidades locais de Galicia para contratos de máis de 3M€ ou de subministros e servizos de máis de 100.000€, unhas competencias que “agora o goberno provincial quere duplicar, non sabemos moi ben con que obxectivo”.
“A realidade é que Tomé debe de explicar publicamente os motivos de duplicar funcións creando ‘chiringuitos’, aumentando así o gasto, e, seguramente, para colocar a afíns”, sinalan.
Os populares piden a Tomé que en lugar de crear novos órganos que “semellan non ser necesarios” teña a vontade suficiente para ler os informes da interventora provincial que “incide na necesidade de afondar na dixitalización da Deputación e o departamento de contratación, incrementar os medios persoais, a formación continúa, respectar prazos legais ou garantir e dar coñecemento dos seus dereitos aos licitadores, entre outras necesidades”.
Por outra banda, o Grupo Provincial Popular pediu ao goberno provincial que retirase da orde do día unha iniciativa relativa a Educación xa que os datos ofrecidos polos voceiros do PSOE e do BNG, así como das cifras reflectidas na exposición de motivos da proposta “están falseadas” polo que “o máis lóxico é que, por educación e transparencia, retirasen a moción da orde do día e a trouxeran de novo no seguinte pleno, ofrecendo os datos reais para non debater sobre mentiras”.
Os populares contrastaron os datos que defenderon socialistas e nacionalistas cos alcaldes de Abadín e O Incio e comprobaron como a realidade dista moito do que quere facer ver o goberno provincial. A proposta que defenderon tanto PSOE como BNG “non é sería”. “Non se poden expoñer datos falsos porque o único que tentan tanto socialistas como nacionalistas é enganar á veciñanza”.
Os populares explican que os datos non amparan a proposta do goberno provincial. En primeiro lugar, falan de que en Abadín hai un 16% de rapaces con necesidades especiais, un dato que “non sabemos de onde sacaron, xa que é confidencial e que, segundo as consultas realizadas polos deputados populares “non está corroborado e que molestou moito ás nais e pais do alumnado do colexio”.
Tamén sinalou o goberno provincial que no Incio ía recortarse o profesorado en 3 mestres, “outra falsidade xa que o único que hai previsto é unha redución de media xornada a un profesional”.
Os deputados populares recordan que o único goberno que “danou” á educación pública en Galicia foi o bipartito de PSOE e BNG entre 2005 e 2009 xa que neses catro anos pecharon en Galicia 103 centros educativos.
En 2009, cando o PP recuperou a presidencia da Xunta de Galicia, a taxa de abandono escolar estaba no 25,9%, “pero as políticas dos gobernos de Feijóo e Rueda fixeron posible que agora estea no 8%”. Na Formación Profesional tamén se viu como as políticas do Partido Popular foron positivas xa que entre 2005 e 2009 a FP perdía alumnos, mentres que hoxe en día hai uns 60.000 estudantes.




















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



