O Valadouro, 26 de xullo, 2023. O grupo Municipal Socialista de Valadouro, amosa a preocupación pola actitude do SERGAS en relación a falta de médicos no centro de saúde de Valadouro. Desde que se xubilou inicialmente un dos titulares, veñen cubrindo puntualmente o seu posto con distintos facultativos con atención de 4 horas o seu posto (das 10 ás 13 horas), algún dia á semana, non todos. A situación agravouse na segunda quincena de xullo, coas vacacións do outro medico titular, quedando o centro de saúde atendido por un único médico 4 horas, só algún día, sin coñecer con anterioridade, acuden 2 médicos 4 horas. De feito as indicacións que se nos dan aos doentes que precisan citas urxentes é que poden acudir ao centro de saúde de Alfoz, ou como non acudir a urxencias do hospital, que están xa saturadas. O feito de que non se sepa si vai acudir alguén a sustituir, fai que os habitantes de O Valadouro, non sepan cando poden pedir a cita co médico, ou si van ser atendidos. Os habitantes deste concello non se merecen este trato.
Non somos alleos á dificultade para de coberturas de determinados postos de traballo, pero que ten moito que ver coas condicións dos contratos de traballo que realiza o SERGAS, con coberturas temporais por horas, precarizando a situación dos profesionais.
Esta situación agrávase ao estar en época estival, co incremento de poboación no concello, que parece non ter en conta o SERGAS, que vemos como tamén asistimos ao peche da planta de medicina interna no Hospital Publico da Mariña, co conseguinte derivacion ao HULA, cando son especialidades que poderian ser atendidas en Burela.
“Non se pode estar por unha banda alardeando de promoción do rural, e facendo politicas en contra recortando servizos, polo que manifestamos o noso rexeitamento e pedimos solución”.























Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



