O relato, protagonizado por unha balea, foi escrito por María Blanca F. Dacal, que impartiu as clases de pintura que se programaron no seo deste programa estival
Cervo, 7 de setembro de 2023. O Concello de Cervo vén de editar o conto “Cipri” que foi creado durante esta edición do programa Cervo Concilia, dentro das clases de pintura que foron impartidas pola artística plástica, escénica e docente, María Blanca F. Dacal, autora da narración que acompaña as ilustracións dos nenos de entre 5 e 9 anos.
A rexedora, Dolores García Caramés, compartiu esta mañá o resultado do traballo coas crianzas e os/as monitores/as do programa que se está a desenvolver coincidindo coas vacacións escolares, e que culminará este mesmo venres.
Caramés quixo poñer en valor esta iniciativa “de carácter didáctico e ecoloxista” que contribúe tamén a concienciar aos pequenos sobre a importancia que teñen todos os nosos actos e hábitos do día a día e o seu impacto no medio.
O relato describe a grandes trazos a vida das baleas, as súas longas migracións, e as características que fan únicas a estes grandes cetáceos que participan de maneira activa e natural na redución de CO2, polo que a súa existencia é crucial tamén para frear o cambio climático.
O conto xunta esta mensaxe ecoloxista coa relación da vila de San Ciprián coas baleas, xa que esta vila foi no seu día un dos portos baleeiros máis importantes do norte de España.
Tal e como afondou a propia autora, “Cipri” tamén nos fala dunha aventura de verán, “de lendas que nos fan soñar nas noites de verán esperando ver unha estrela fugaz, co mesmo desexo de ver unha balea”.
Caramés quixo felicitar tanto as nenas e nenas como a Blanca por “este proxecto tan bonito”, que plasma sobre o papel todo o que supón Cervo Concilia para as crianzas do noso Concello “que comparten verán tras verán momentos inesquecibles entre amigos, que poderán volver recuperar sempre que queiran ao abrir tan só este conto que é a pura esencia do programa: compartir, convivir e crear xuntos”.
Editáronse máis de 100 exemplares que serán repartidos entre os/as nenos/as que o crearon.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



