A inscrición para os cursos de natación farase de forma presencial na piscina municipal ata o 22 de setembro
Cervo, 12 de setembro. O Concello de Cervo vén de abrir o prazo de inscrición para a nova temporada das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación.
Nas escolas deportivas infantís impartiranse as modalidades de ximnasia rítmica, multideporte, patinaxe, ioga e volei; mentres que nas escolas deportivas de adultos as clases serán de fit-dance, pilates, ximnasia de mantemento e ioga.
As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación.
Tamén se abre o prazo para os cursos de natación da temporada 2023-2024 tanto para nenos/as como para adultos. Hai diferentes grupos en función do nivel de natación da persoa usuaria e tamén se impartirán clases de Aquagym. Os cursos son de aforo limitado e o criterio de admisión fixarase en función da orde de entrega da documentación, tendo preferencia os empadroados no Concello de Cervo.
No caso dos cursos de natación, o prazo para anotarse, que será de maneira presencial na piscina, permanecerá aberto ata o próximo día 22 de setembro.
Tal e como sinalou a rexedora, Dolores García Caramés, “volvemos apostar firmemente, un ano máis, polo deporte como elemento imprescindible no noso día a día, xa que é un ingrediente esencial para o benestar das persoas, desde as idades máis temperás”.
Desde o Concello de Cervo, neste sentido, -precisou- queremos darlle á nosa veciñanza diferentes e atractivas posibilidades para que actividade física sexa parte importante da súa rutina diaria, e traballamos por elo na elaboración dunha axenda o máis completa e diversa posible, adaptada a todas as idades”, tendo en conta tamén, que temos o privilexio de contar con instalacións deportivas de primeiro nivel, engadiu.
As inscricións poden descargase a través das seguintes ligazóns:
EDM ADULTOS:
https://drive.google.com/file/d/1QA7h6dbzNAeJz00Xg8vzfMsR_Qsix6ax/view
EDM INFANTÍS:
https://drive.google.com/file/d/1zhBTKb0GMGGrnucfJaIdB0v6OTSRxOsD/view
CURSOS NATACIÓN ADULTOS
https://drive.google.com/file/d/1RzrJOcaVG3jqUVVvKlGxDtqeUCm5IXLj/view
CURSOS NATACIÓN INFANTÍS
https://drive.google.com/file/d/1-o6HzWRSz3AHY4mZux_s8SYP2WKe1uQ5/view




















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



