Rosana Pérez incide na necesidade de que o persoal facultativo do Sergas e das mutuas teñan ferramentas para identificar e tratar como tal este tipo de doenzas
Santiago de Compostela, 19 de setembro, 2023. A deputada do BNG Rosana Pérez logrou hoxe na Comisión de Pesca do Parlamento o apoio unánime dos grupos a unha proposición non de lei para reclamar ao Goberno do Estado que “na maior brevidade posíbel” saque adiante o Catálogo de Enfermidades Profesionais das e dos traballadores do mar, tal e como se contempla na Lei de Pesca Sostible. “Despois deste impasse lexislativo no que estamos, é importante que o catálogo non quede durmindo nun caixón”, asegurou.
Un catálogo que, segundo explicou, é fundamental para a identificación e o correcto tratamento médico destas doenzas, que afectan especialmente ás mariscadoras e redeiras. Neste sentido, a iniciativa aprobada reclama tamén a colaboración e coordinación das consellería do Mar, Sanidade e de Promoción do Emprego e Igualdade para trasladar ao persoal facultativo do Sergas e das mutuas de traballo a relación das enfermidades que están recoñecidas como profesionais no sector do mar e a “máxima importancia” de tratalas como tales.
O terceiro punto da proposición aprobada demanda á Xunta a posta en marcha dunha campaña de información entre as traballadoras e os traballadores do mar respecto ás enfermidades recoñecidas no sector e os beneficios que supón a súa identificación.
Na defensa da iniciativa, Rosana Pérez subliñou que existen enfermidades moi recorrentes no sector que aínda continúan sen serlle recoñecidas como propias do seu traballo e das condicións deste, como a artrose, a artrite, dores de costas, trastornos músculo-esqueléticos na columna ou infeccións de urina, entre outros. “As asociacións de mulleres do mar calculan que o 90 % das enfermidades profesionais deste colectivo son catalogadas como comúns, cando o 80 % son derivadas do seu traballo”, apuntou.
Salientou, ademais, que o catálogo traerá aspectos “moi positivos” para avanzar na profesionalización e na dignificación das condicións sociolaborais do sector do mar, especialmente no marisqueiro, ao que se dedican en Galiza preto de 4.000 persoas, a gran maioría mulleres.
De aí a importancia de ter dado no Parlamento galego “un pasiño máis” para mellorar as condicións nun sector especialmente avellentado -o 65 % teñen máis de 40 aos e o 32 % entre 50 e 60- e no que a “discriminación da muller é clara e manifesta”, dixo Rosana Pérez.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



