A ruta contará con dous percorridos -un longo, de 47 quilómetros, e un curto, de 26- e transcorrerá por lugares de alto valor paisaxístico da Montaña lucense, entre os que destaca o Alto do Muradal, punto máis alto do itinerario con 1.150 metros
Lugo, 27 de setembro de 2023. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera e o Vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, presentaron este mércores no Pazo de San Marcos, xunto ao Alcalde da Fonsagrada, Carlos López, tamén Deputado de Medio Ambiente, e representantes da Asociación Deportiva Cultural Balompé da Fonsagrada, a novena edición da Ruta dos Lobos que se celebra no municipio fonsagradino, unha proba que reunirá este sábado, 30 de setembro, a 350 amantes do ciclismo de montaña de toda Galicia, e de comunidades como Asturias, Castela e León, País Vasco e Madrid.
Durante a presentación da cita, Pablo Rivera Capón destacou que a Deputación colabora dende os seus inicios coa promoción e a difusión desta proba cicloturista “que aúna deporte e turismo pois “concorda perfectamente coa aposta que estamos facendo dende a institución para a promoción do territorio, xa que é unha maneira magnífica de dar visibilidade aos nosos recursos e á nosa oferta turística a través dun modelo de calidade, non masificado, sostible, de experiencias, e respectuoso co medio ambiente”.
O Deputado felicitou ao Alcalde fonsagradino, ao seu equipo de Goberno e aos organizadores “por deseñar un evento deportivo, duro polas súas características técnicas, pero que contén un enorme valor paisaxístico polos fermosos lugares da Montaña lucense polo que transcorre a ruta”.
“Estamos a falar, polo tanto, dunha cita que vai máis aló do aspecto deportivo, pois ten un efecto multiplicador e transversal, xa que A Fonsagrada colga o cartel de completo durante esta fin de semana dinamizando a economía e o turismo no concello e no resto da comarca”, subliñou Pablo Rivera.
O Vicepresidente e Deputado de Deportes, Efrén Castro, deu os parabéns aos organizadores, voluntarios e patrocinadores por facer posible esta proba, da que destacou a boa percepción que deixa nos participantes. Puxo en valor a capacidade da iniciativa para combinar o deportivo coa promoción turística e do territorio e, como afeccionado á bicicleta, valorou positivamente “uns avituallamentos singulares, que teñen en conta o que necesitan os deportistas e o mellor da gastronomía local”.
Os atractivos da ruta
A novena edición da Ruta dos Lobos terá como en edicións anteriores un percorrido circular, con saída e meta, ás 11:00 horas, na Praza do Concello. A ruta contará con dous percorridos segundo o nivel de dificultade. Un longo, de 47 quilómetros, cun desnivel de máis de 1.700 metros positivos, e un curto, de 26 quilómetros e un desnivel de 800 metros positivos, ambos con puntos de avituallamento que volverán a ofrecer produtos como o butelo ou as chulas, emblemas gastronómicos da zona que son un dos grandes factores diferenciais que máis valoran os participantes con respecto a outros eventos deportivos destas características.
Os dous itinerarios transcorrerán polas ribeiras do río Porteliño e o Lamas, e pasarán por lugares de alto valor paisaxístico da Montaña lucense, entre os que destaca o Alto do Muradal, punto máis alto da ruta con 1.150 metros de altitude. Así mesmo, os participantes coñecerán, entre outros, lugares como a antiga fortaleza medieval de Burón ou o vello Hospital de peregrinos de Montouto.
A organización habilitará lavado de bicicletas no Campo da Feira, zonas de duchas e ofrecerá unha cea ás persoas que o desexen para degustar un menú típico da Fonsagrada.




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



