José Tomé Roca participou este domingo en Madrid nunha reunión das Secretarias e Secretarios Xerais Provinciais e Insulares do PSOE, Primeiros e Primeiras Secretarios das Federacións do PSC e Representantes das Federacións Uniprovinciais do PSOE. Todos asinaron o documento
Madrid, 1 de outubro de 2023. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, asinou este domingo en Madrid un manifesto de apoio a Pedro Sánchez para formar un goberno progresista que dea continuidade aos últimos cinco anos de avances en España. A firma tivo lugar logo dunha reunión na Escola Julián Besteiro, na que participaron as Secretarias e Secretarios Xerais Provinciais e Insulares do PSOE, Primeiros e Primeiras Secretarios das Federacións do PSC e Representantes das Federacións Uniprovinciais do PSOE. Todos asinaron o documento.
Tras o encontro, o Secretario Xeral do PSOE de Badaxoz, Rafael Lemus, o Secretario Xeral do PSOE de León, Javier Cendón, e a Secretaria Xeral do PSOE de Huelva, Maru Limón, foron os encargados de presentar dito manifesto, no que os dirixentes apoian e animan “a Pedro Sánchez a traballar para lograr de novo a súa investidura como presidente do Goberno”. “A confianza en el é a confianza que depositamos na formación dun Executivo progresista que abra unha nova etapa de avances sociais, en favor dunha democracia asentada na igualdade de xénero, na convivencia que descansa no recoñecemento da diversidade de España, da súa memoria democrática e do seu espírito de convivencia”, relata o texto.
“Afrontamos esta nova etapa con plena ilusión e determinación. Pedímoslle a Pedro Sánchez, o noso Secretario Xeral, que a encabece para conformar un Goberno de progreso e convivencia. O Goberno dunha España moderna, social, feminista, europeísta, de referencia en dereitos e liberdades. Unha España en paz”, continúa o documento, que detalla que “fronte a unha estratexia política de terra queimada, que o fía todo ás descualificacións e ao ataque persoal ao noso Secretario Xeral, imos a facer valer todo o respecto que o PSOE merece, porque os logros do Goberno de coalición progresista foron evidentes e transcendentais para o avance do noso país”, como as políticas de creación de emprego, a reforma do mercado laboral, o compromiso coa igualdade de xénero e a ampliación de dereitos e liberdades da cidadanía e a sensibilidade democrática coa aprobación da Ley de Memoria Democrática.
Que o PP abandone a radicalidade e o insulto
O manifesto lembra que o 23X a expresión das urnas foi clara cun “NO a Feijoo, constatado no Parlamento e o compromiso do PSOE é formar un goberno de progreso con Sumar para revalidar os acordos que tan bos resultados deron na pasada lexislatura e que foron referendados” nos comicios.
“PP e VOX pediron o voto para derogar a obra dun goberno progresista cunha estratexia baseada exclusivamente no insulto e a mentira. Unha porta que fracasou o 23 de xullo. Se PP e VOX tiveran tido os votos suficientes, hoxe España tería un goberno da dereita e a ultradereita. Exactamente igual que ocorreu en todas as comunidades e concellos nos que sumaron, aínda que o Partido Socialista fose a forza máis votada en moitos deles”.
O manifesto sostén que “é evidente, ao PP de hoxe non lle gusta o PSOE de hoxe, como ao PP de antes tampouco lle gustaba o PSOE de antes. Pero esiximos o abandono do insulto e da mentira como forma de facer política. Do mesmo modo que esiximos que o PP volva ao consenso constitucional poñendo fin ao bloqueo ao que someteu ao órgano de goberno dos xuíces durante o último lustro. Non pedimos o apoio do PP para gobernar, os nosos proxectos políticos son moi diferentes. Pero si esiximos ao PP que abandone a radicalidade do seu abrazo coa ultradereita e volva ao respecto aos consensos básicos”.
O expresidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, xa firmou este manifesto que se pode ler e apoiar: https://www.progresoyconvivencia.com/




















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



