A Mariña, 4 de outubro de 2023. A Mancomunidade de Concellos da Mariña lucense continúa coa súa actividade á marxe da promoción turística da comarca, a súa principal actividade. E ven de presentar a campaña Que non che entre o pánico co orgánico.
Ao abeiro dunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental a agrupación dos 16 concellos mariñaos foi quen de realizar unha diagnose completa da recollida de lixo na comarca. O presidente da Mancomunidade e alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que “estamos a falar de 16 concellos, 1660 km2 de territorio e máis de 72 mil habitantes. Con case 39 mil euros do Fondo de Compensación Ambiental fíxose un mapa detallado da recollida de residuos na comarca, fotografando a totalidade dos contedores – tamén no rural- e creando un mapa con todos eles”. E subliña: “é un mapa interactivo: premendo en cada punto coñecemos o número de contedores, o volume de cada un e incluso aparece unha fotografía do punto de recollida. É unha cantidade de datos moi importante”.
Partindo deses datos, a empresa Gis Galicia elaborou un estudo para o tratamento óptimo dos residuos orgánicos en toda a comarca: “do estudo resulta que a forma óptima de xestionar os orgánicos nas parroquias é a través de composteiros individuais nos propios domicilios. Nas zonas densamente poboadas e nos puntos de máis xeración como restaurantes e bares óptase pola implantación de contedores marróns”, sinala Fran Cajoto, presidente da Mancomunidade ata este xoves, 5 de outubro. E engade: “este estudo e o custo de recollida derivado está a disposición de todos Concellos. A Mancomunidade ofrécese a xestionar de forma conxunta o contrato de recollida do contedor marrón, se ben é certo que cada Concello ten as súas propias características e a decisión corresponde a cada municipio. Agora temos a información e podemos traballar cunha base sólida”.
Froito dunha subvención de Fondos Europeos Next Generation xestionados a través da Consellería de Medio Ambiente de case 197 mil euros -dos cales a Mancomunidade aporta algo máis do 10%- a agrupación de Concellos xestionou a compra conxunta de contedores de 800 e 360 litros, máis de 150 mil bolsas e case 2 mil caldeiros. Ademais, con cargo a esta subvención creouse a campaña Non entres en pánico co orgánico, que xa está a ser promovida en distintos Concellos da comarca. Fran Cajoto indica que “o propio lema -que está moi ben levado- persigue concienciar á poboación de reducir o volume de lixo, separar correctamente e reciclar a materia orgánica. Contamos cunha guía completa de como facer compostaxe se dispoñemos de vivenda unifamiliar e tamén de material para informar de que residuos se deben depositar no contedor marrón. Foi un traballo intenso, agradezo aos técnicos o seu esforzo porque pagou a pena”.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



