Barreiros, 6 de outbro de 2023. Barreiros vén de reunir a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero na que traballan, ademais do propio Concello, a Subdelegación do Goberno, a Dirección Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, o Garda Civil, os CEIP de San Cosme e San Miguel e a Escola Infantil Municipal , o CIM de Ribadeo, o Xulgado de Paz e Centro de Saúde.
Na xornada de hoxe quedou aprobado o protocolo de actuación de dita Mesa para abordar situacións relacionadas con violencia machista. A alcaldesa, Ana Ermida, manifestou o “agradecemento a todas as institucións e sectores implicados no funcionamento da mesa e o orgullo de contar cun instrumento deste calado nun Concello coma Barreiros, onde se tecen lazos e se traballa conxuntamente na atención a persoas vítimas de violencia de xénero”.
A rexedora tamén quixo salientar o traballo que se realiza no ámbito da prevención, “facendo especial fincapé na educación e na implicación dos actores educativos para ser capaces de formar desde crianzas no respecto e a educación en igualdade”.
Na mesa abordáronse tamén as actividades realizadas e as previstas como instrumentos de concienciación social sobre a violencia nas súas diferentes facianas.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



