Nota de Prensa
O CONCELLO VOLVE A FACER TAREFAS DE MANTEMENTO DAS CUNETAS DOS VIAIS DA DEPUTACIÓN DIANTE DA CONTINUA PASIVIDADE DO ORGANISMO PROVINCIAL
* Ao igual que xa fixeran hai dous meses, operarios municipais realizan estes días a limpeza das cunetas da estrada que une Río Cobo con San Ciprián
Cervo, 21 de setembro de 2010.- O Concello de Cervo vese na obriga de volver a facer tarefas de limpeza e mantemento dalgún dos numerosos viales que posúe a Deputación Provincial dentro deste termino municipal. Concretamente varios operarios municipais realizan estes días tarefas de limpeza e roza da maleza existente nas marxes da estrada provincial LU-1501 que une os núcleos de Río Cobo e San Ciprián.
Segundo lembrou a edil de Medio Ambiente, Pilar Armada, “non é a primeira vez que o Concello ten que facerse cargo dunhas obrigas que non lle pertencen, e todo pola pasividade e pasotísmo da que ven facendo gala a Deputación no que atinxe ao coidado das súas estradas” recalcou Armada.
“Despois de que fixeramos infinidade de peticións para que acometeran estes traballos en xuño, ao igual que fan noutros concellos da provincia , os responsables políticos na Deputación amosaron unha vez máis a súa inoperancia cando hai unhas semanas se dignaron por fin a rozar varias estradas do concello. Pero, ao parecer, estes traballos non quedaron ven feitos porque agora nós temos que ir detrás cortando os brotes verdes que eles esqueceron quitar” sinalou a edil do grupo de Goberno local quen asegurou que este proceder dos responsables do organismo provincial deixa de manifesto “a vagancia e inoperancia” dos responsables provinciais, “entre os que figura a concelleira cervense Lara Méndez”
Armada indicou tamén que os traballos continuarán por outras estradas do municipio de ámbito provincial “namentres seguimos esperando a que a Deputación se digne a asumir as súas responsabilidades dunha vez por todas e con tódalas súas consecuencias”.
Para Armada, este comportamento “permisible de máis” da Deputación nalgúns dos seus traballos de mantemento nas infraestruturas da súa titularidade “coincide sempre sospeitosamente” con concellos que non son da súa cor política. “Non nos parece lóxico que para levar adiante tarefas en determinados concellos os responsables políticos da Deputación sexan exquisitos e dilixentes ao cen por cen, mentres que para outros concellos coma o noso, esa dilixencia se converta en pasividade e laxitude. Se por algo se teñen caracterizado nestes tres anos e medio os membros do equipo de Goberno provincial do que forma parte a señora Méndez é por ter sempre os seus deberes sen facer e pola folganza en todo o que teña que ver con algúns municipios moi concretos e en particular co Concello de Cervo” recalcou a edil do grupo de Goberno local.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



