Burela, 26 de outubro, 2023. A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organiza o Congreso “Os Grandes Migradores: xestión sostible e nutrición”, que espertou gran interese dentro do sector, con máis de 100 profesionais seguindo o evento de forma presencial ou a distancia, xa que é a única xornada a nivel nacional que trata certas problemáticas.
Na apertura do evento, está a celebrarse esta semana no salón de actos de Armadores de Burela, participaron Sergio López e Juan José Otero, xerente e presidente de OPP-7 Burela; Carmela López, alcaldesa do Concello de Burela; Mónica Corrales, directora xeral de Pesca Sostible do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación; e Alfonso Villares, conselleiro do Mar da Xunta de Galicia.
O prato forte da primeira xornada, que se celebrou o xoves pola tarde, foi a intervención de Fernando Magdaleno Mais, subdirector xeral de Biodiversidade Terrestre e Mariña, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, autoridade administrativa que xestionará CITES a partir do 25 novembro: “A xestión da tintorera en CITES a partir do 25 de novembro de 2023”.
Magdaleno explicou o funcionamento de CITES e en concreto as condicións para a xestión da tintorera, detallando como haberá que diferenciar as capturas pre-cites (antes do 25 de novembro) e post-cites, e as capturas entre augas internacionais (necesitaranse certificados de importación e exportación) e dentro da zona económica exclusiva.
O subdirector xeral de Biodiversidade recoñeceu que a xestión do marraxo fora un caos, dando así a razón ao sector, e prometeu que esperan facelo mellor coa tintorera.
Tamén fixo públicos os teléfonos e correos de contacto para a xestión, recomendando que os certificados se soliciten desde augas internacionais e con tempo suficiente para emitir os certificados antes de chegar a porto.
Sigiuendo coa mesma temática, a continuación celebrouse unha mesa redonda sobre Xestión Pesqueira Sostible, moderada por Gabriel Ocaña, asesor xurídico INTERFISH; coa intervención, ademais do propio Fernando Magdaleno, de Teresa Molina, subdirectora xeral de Acordos e Organizacións Rexionais de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación; José Carlos Báez, investigador xefe do Programa de Túnidos do Instituto Español de Oceanografía; e Javier Garat, presidente de Europeche.
A primeira xornada do Congreso pechouse cun relatorio sobre dixitalización e comunicacións máis eficientes: “Disrupción en comunicacións satelitales mariñas”, a cargo de Eric Friedrich, director de Satcom Nautical do Grupo Arbulu.
A xornada do venres pola mañá tratatá temas como as boas prácticas pesqueiras, seguridade alimentaria, nutrición e saúde.
Esta acción está cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA, incluída no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á rastrexabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



