A alcaldesa reitera a necesidade desta infraestrutura e pide compromiso económico da Xunta ao respecto
Barreiros, 27 de outubro de 2023. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de dirixir un novo escrito á conselleira de infraestruturas, Ethel Vázquez, no que reitera a necesidade de Barreiros de contar con finanzamento para poder construír unha EDAR en San Miguel que solucione a deficiencia da depuración de augas residuais na zona.
Xa durante o verán, a mandataria municipal se dirixira ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sen obter resposta ata o momento; trasladándolle o déficit en servizos que ten o municipio a raíz do crecemento sen planificación que se produciu neste concello.
Ante a falta de resposta do máximo mandatario galego, Ermida traslada novamente á conselleira “a necesidade acuciante que ten Barreiros de mellorar o sistema de depuración e, nomeadamente, de poder contar cunha nova EDAR para a que xa existe proxecto, mais non finanzamento”.
Ana Ermida manifesta que é coñecedora da preocupación da conselleira por este tema e tamén do seu compromiso por solucionalo, “tal e como manifestou publicamente nun acto ao que acudiu a este concello hai uns meses, na campaña electoral das eleccións municipais”.
No escrito reitérase o que xa se lle trasladou á Xunta en varias ocasións, facendo fincapé na chegada de fondos europeos e na oportunidade que pode existir, tal e como se fai noutros concellos. Por esta razón, reiterou “a necesidade de que desde o Goberno da Xunta de Galicia teñan en conta a especial situación do Concello de Barreiros para priorizar os proxectos de investimento no mesmo, considerando que podemos contribuír a mellorar o noso País e a xestión dos fondos dos que dispón o seu goberno a través dos orzamentos que elabora”.
Ermida considera que o compromiso que poida existir desde a Xunta de Galicia e a súa intención por solucionar estes problema serían moito máis visibles se se dotara economicamente unha partida nos orzamentos da Xunta para o 2024 que se están a elaborar.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



