Verónica Soto explica que no pleno celebrado onte realizáronse preguntas referentes a este tema e as explicacións dadas polo alcalde “non foron convincentes e unicamente sonaron a escusa”
Foz, 27 de outubro de 2023. Hai uns días que o PP de Foz tivo coñecemento de que o goberno local destinou persoal e maquinaria do Concello de Foz a realizar diversos traballos en terreos dunha urbanización privada do municipio, unha situación “anómala” sobre a que se realizaron varias preguntas no pleno celebrado onte, obtendo por resposta “escusas que non nos cremos”.
A concelleira popular, Verónica Soto, explica que “debido a que non nos fiamos da palabra do alcalde, pediremos toda a documentación relacionada con este asunto xa que todo o que nos dixeron semella desculpas para tapar algunha conveniencia dalgún membro do equipo de goberno”.
Verónica Soto lamenta “as escusas” dadas polo alcalde de Foz, “que non sabía moi ben como saír ao paso das preguntas que lle realizamos”. A realidade é que hai varias fotografías que acreditan que o persoal e maquinaria municipal estiveron traballando dentro dunha urbanización privada para, segundo o alcalde, “retirar uns bambáns desta urbanización para colocalos nun espazo público do municipio”.
“En primeiro lugar, non nos cremos a versión do goberno local. E, en segundo lugar, non nos parece o máis axeitado que o Concello de Foz coloque no municipio equipamentos xa usados”, denunciou.
Os traballos realizáronse nunha urbanización de Marzán, unha zona do municipio na que hai numerosas deficiencias a corrixir nos espazos públicos “como para dedicar recursos do concello a unha zona privada”.
Verónica Soto lamenta as respostas dada por Francisco Cajoto, xa que non soubo explicar o valor destes equipamentos nin se cumpre a normativa vixente para este tipo de elementos de xogo.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



