A Sede local do PSdeG – PSOE , foi en días pasados escenario da presentación da nova Executiva Municipal Local . Nun clima de diálogo e consenso , presentouse unha única candidatura encabezada polo Alcalde , Alfredo Llano Garcia , sendo aprobada por unanimidade polos afiliados asistentes á Asamblea .
Na intervención posterior , o novo Secretario Xeral , afirmou que é un punto de saída para facer un Partido ainda máis participativo e aberto á sociedade , é que a nova Executiva , representa un amplo texido social con homes e mulleres que nos últimos tempos participaron de forma activa na vida diaria do Partido .
Para tal obxetivo , estanse creando grupos de traballo tendentes a realizar un seguimento e apoio as políticas de interés que preocupan á sociedade , como son a vivenda , a saúde , os nosos maiores , o deporte , etc.. Engadeu tamén o novo Secretario Xeral que o PSOE debe estar aberto ao entramado social local , e ser a casa das distintas sensibilidades da esquerda burelesa , propiciando un intenso traballo interno cheo de propostas , que una vez debatidas e consensuadas , teñan un único mensaxe : o benestar de todos .
Unha das novidades do renovado PSOE local , é que en todos os grupos de traballo , poderán participar persoas alleas á formación , non sendo necesario ser militante . Por último , animou ao grupo de Goberno do Concello a continuar a liña de traballo actual : a cada insulto , un proxecto ; e a cada descalificación , una idea .
A nova Executiva está composta polos seguintes compañeiros :
Presidente : Ramón Vazquez Andrade.
Secretario Xeral : Alfredo Llano Garcia .
Vicesecretario Xeral , Obras , Participación Cidadá : Pascual Domenech Gruñeiro.
Secretario de Organización , Administración é Acción Electoral : Manuel Yáñez Hermida
Secretaria de Politica Municipal : Sonia Fraga Seara .
Secretaria de Cultura , Educación e Medioambiente : Lucia Bouza Orosa.
Secretaria de Eventos e Turismo : Remedios Lopez Villar.
Secretario de Movementos Sociais e Sindicais : Ramiro Fernandez Rey.
Secretaria de Sanidade e Drogodependencias : Margarita Alonso Garcia .
Secretaria de Politica Social , Inmigración e Xuventude : Marta Amenedo Castiñeira.



















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.



