A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade defendeu hoxe no Parlamento esta liña ferroviaria estratéxica para a conexión das comarcas da Mariña, Ortegal e Ferrolterra, e tamén para a comunicación de Galicia con Asturias e como continuación cara ao País Vasco
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2023. A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou hoxe no Parlamento de Galicia a reclamación da Xunta ao Goberno central da modernización do Feve Ferrol-Ribadeo e a dotación do material rodante comprometido para poñerlle fin ao abandono deste servizo.
Na súa intervención no Pleno do Parlamento, a conselleira de Infraestruturas subliñou que, pese a ter demanda, o ferrocarril de vía estreita carece de vontade política e de compromiso orzamentario por parte do Goberno de España para modernizar a liña e o material rodante. As deficiencias e carencias actuais impide que esta liña ferroviaria sexa unha alternativa de transporte que, en primeiro lugar, funcione e, despois, resulte útil á mobilidade diaria dos cidadáns das comarcas que atravesa.
Afirmou que para a Xunta é unha liña ferroviaria estratéxica e non só para a conexión das comarcas da Mariña, Ortegal e Ferrolterra, senón tamén para a comunicación de Galicia con Asturias e como continuación cara ao País Vasco.
A conselleira lamentou que a liña do antigo Feve veña acumulando un importante déficit de investimentos na modernización da vía e do material rodante, pese a estar comprometidas actuacións de calado desde 2018.
Segundo indicou, neste momento o único certo, e admitido polo Goberno central, é a dilación de “dous ou tres anos” na incorporación do novo material rodante ás liñas de ancho métrico, que xa terían que estar prestando servizo.
Ethel Vázquez abundou na exclusión de Galicia da medida excepcional do Goberno central que aplica en Asturias e en Cantabria de gratuidade deste servizo desde comezos deste ano ata 2026, en compensación ao “despropósito no erro do cálculo das medidas dos novos trens”, lembrou.
Tamén censurou a exclusión de Galicia do grupo de traballo que o Ministerio de Transportes conformou con Asturias e Cantabria para facer seguimento desta incidencia, e a falta de resposta do Goberno central á solicitude da Xunta para que tamén pudiesen participar Galicia e a Castela e León, como comunidades tamén afectadas.
Ethel Vázquez fixo fincapé nas incidencias na liña Feve, moi habituais, e na falta dunha resposta clara e satisfactoria por parte de Renfe ante a merma gradual na calidade dos servizos, que está a impactar moi negativamente na mobilidade dos veciños das comarcas de Ferrol, Ortegal e A Mariña.
Fixo fincapé na demanda de transporte público nos concellos afectados, como o demostra arredor do 20% de incremento de viaxeiros contabilizado nos autobuses da Xunta nestas comarcas nos primeiros 9 meses do ano, en comparación co 2022. Hai demanda, resaltou, o que non hai é servizos fiables e eficientes no que respecta aos trens de ancho métrico.
Referiuse, tamén, ao silencio na resposta con respecto a este asunto no encontro mantido o pasado mes de outubro co secretario de estado de Transportes. A mesma resposta que, lamentou, se repetiu con outras cuestións moi relevantes para o interese xeral de Galicia no que respecta ao ámbito do ferrocarril: os trens Avril ou a situación na que se atopan os investimentos no Corredor Atlántico de Mercadorías.
A conselleira afirmou que a Xunta non se resignará a aceptar estas aldraxes e non cederá nas súas xustas demandas e exixencias ante o Goberno de España.
Ethel Vázquez concluíu a súa intervención incidindo en que é preciso que o Goberno de España se comprometa en serio co Feve: acometa, canto antes, as obras de modernización da liña comprometidas; dote do material rodante necesario; e incremente as frecuencias para garantir un servizo ferroviario entre Ferrol e Ribadeo fiable e de calidade, á altura das necesidades dos usuarios e á altura do século XXI.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



