Nota de Prensa
SUÁREZ BARCIA CRITICA Á XUNTA POR NON DEMANDAR DIANTE DO MINISTERIO DE XUSTIZA A CREACIÓN DO XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN PARA RIBADEO. O ALCALDE CONSIDERA QUE TODO O FEITO ATA O DE AGORA POR PP E PSOE SÓ SERVEU PARA ENREDAR E PARA TER ENTRETIDA Á POBOACIÓN.
Ribadeo, 24 de setembro de 2010. O alcalde, Fernando Suárez, critica á Xunta por non demandar diante do Ministerio de Xustiza a creación do xulgado de primeira instancia e instrucción para Ribadeo. O rexedor considera que todo o feito ata o de agora por PP e PSOE só serveu para enredar e para dar titulares de prensa.
Suárez Barcia lembrou que “hai uns días como alcalde de Ribadeo cuestionaba que tanto a Xunta como o Ministerio de Xustiza se preocupan máis en criticarse entre eles porque aínda a día de hoxe non recuperamos o xulgado de primeira instancia e instrucción perdido aló polos anos 60”. O rexedor dixo que “hoxe volta a estar de actualidade desgraciadamente porque estes dous grandes partidos, como se van chamar eles, o PP e o PSOE só buscan alternancia pero unha vez que están no goberno o que prometeron na oposición non o fan no goberno e viceversa e hoxe temos un exemplo flagrante disto ao que me estou a referir porque sae publicado en todos os medios que a Xunta vai demandar, porque é a quen lle corresponde facelo, unha serie de novos xulgados para o ano que ven e pídeos para Coruña, Lugo, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía ou Sarria, pero seguimos outro ano máis sen que a Xunta demande o correspondente xulgado de primeira instancia e instrucción para Ribadeo. Lóxicamente si a Xunta non o demanda o ministerio, rexido por outra cor política, ten a xustificación necesaria para dicir que non pode tramitar nada novo si a Xunta non o demanda”.
O alcalde de Ribadeo pregúntase “de qué serven estes acordos unánimes dos concelleiros de todos os grupos, para qué serven todas as mocións conxuntas, todas as viaxes realizadas polo conselleiro socialista de Xustiza a Ribadeo dicindo que a Xunta presentaría esa petición nunca feita, de qué serve que os conselleiros populares digan que apoian o xulgado de Ribadeo se despois non o piden, para qué serve todo isto. Serve para ter entretida á poboación, para enredar, para dar titulares de prensa e para pouco máis, porque a realidade de recuperar o xulgado perdido de Ribadeo de momento e a xulgar por feitos nada de nada, de nada”.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



