Nota de Prensa
Os populares afirman que despois de catro anos consecutivos nos que o Alcalde fixo esta promesa, os veciños xa non se cren na súa palabra, e as obras só se levaran adiante pola presión veciñal e a insistencia recorrente do PP na oposición
O PP alerta de novos atrasos na chegada da traída municipal de augas ata o barrio da Hermida tras verificar múltiples deficiencias nas obras que alí executa o Concello
* Comprobaron persoalmente como ademais da falla de colocación das bombas de impulsión existen outras carencias, pois a caseta que debe albergar todos aparatos está construída só na metade, non ten cuberta, suxeita as inclemencias climatolóxicas, non hai luz, nin rematada a inmensa maioría das canalizacións da futura rede de auga.
Foz, setembro de 2010.- Despois de que o alcalde de Foz, Jose María García Rivera, volvera a prometer por cuarto ano consecutivo a chegada inminente da auga procedente da traída municipal ao barrio da Hermida na parroquia de San Martiño, o Partido Popular local, a través do seu portavoz, Pedro Fernández Manín, vén de denunciar que as deficiencias detectadas na execución dos traballos fan temer que unha vez máis os veciños deste barrio non terán posibilidade de facer uso deste servizo público básico, tan demandado e necesario, de xeito especial, para evitar o secado das fontes e mananciais que se empregan a día de hoxe para o consumo e usos domésticos.
Os populares que supervisaron a execución das obras que se están a levar a cabo neste espazo, comprobaron persoalmente como ademais da falla de colocación das bombas de impulsión –feito recoñecido polo propio alcalde- existen outras carencias, pois a caseta que debe albergar todo o aparataxe está construída só na metade, non ten cuberta, polo que o seu interior e maquinaria están suxeitos as inclemencias climatolóxicas, non hai luz, nin está garantido o subministro, nin rematada a inmensa maioría das canalizacións da futura rede de auga. En definitiva, catro anos despois da primeira promesa do rexedor socialista, os traballos están en fase moi precaria.
PALABRAS QUE LEVA O VENTO
As devanditas circunstancias son proba, segundo os populares, de que ao alcalde socialista “escápanselle as promesas pola boca, como palabras que leva o vento, pero cando chega o tempo de cumprir non o fan ou, como acabará acontecendo despois de que por fin chegue a auga da traída municipal ao barrio da Hermida, serán resultado das presións dos propios veciños, moi molestos por tantos anos de incumprimentos, e do Partido Popular que, neste asunto como noutros, está disposto a insistir e lembralo cantas veces sexa necesario ata que o alcalde faga dunha vez por todas realidade os seus compromisos”
CONCELLO, DEPUTACIÓN E ESTADO
Os populares tamén adiantaron que solicitarán dos servizos de intervención e da secretaría municipal copia da certificación destas obras, por canto aínda non están rematadas, todo iso a pesar de que tiñan previsto sufragarse con cargo aos fondos do POS, un plan cofinanciado por concello, Deputación provincial e Goberno central. “Ou ben perdemos irreversiblemente máis de 56.000 euros que xa no 2008 estaban destinados a sufragar estes gastos, ou ben certificáronse obras que aínda están sen rematar o que é unha evidente irregularidade”
Os populares lamentan moi especialmente que o rexedor socialista pretenda agora botar balóns fóra afirmando que a Xunta de Galicia non achegou ningún carto para executar esta nova rede da traída municipal de augas. Sobre todo tendo en conta que tal e como el anunciou os fondos para facer esta obra eran exclusivamente municipais, provinciais e estatais. Curiosamente falamos das tres administracións que na actualidade están en mans do PSOE e, que no ano 2008 ademais na Xunta de Galicia estaba o bipartito (PSOE-BNG), á luz do resultado, está claro que non cumpriron os seus obxectivos, nin fixeron caso a García Rivera, e como consecuencia disto os veciños seguen á espera.
Finalmente o portavoz popular lamentou que para evitar o ridículo que provoca un novo incumprimento da Alcaldía de Foz para cos veciños da Hermida recorra a prometer unha nova mellora, neste caso na estrada de titularidade provincial que discorre ata o barrio. “Primeiro é sorprendente que o Alcalde adiante unha obra que a propia Deputación aínda non confirmou, polo que o máis seguro é que estamos ante unha nova promesa que se tornará en incumprimento dun señor que despois de tantas veces dicilo, e tantas veces enganar, xa perdeu toda credibilidade”


















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



