Romina Reimondo e David Manuel Martinez impuxéronse nas categorías absolutas
Barreiros, 20 de novembro de 2023. Barreiros celebrará a gala final do Circuíto de Carreiras Populares +KmsBarreiros o domingo 26 de novembro ás 19:00 horas no centro sociocultural de San Cosme na que se repartirán 700€ en metálico para as categorías de adultos e, obsequio final máis diploma de recordo para todas as categorías e todas as persoas que completaran 4 ou máis probas; 3 no caso de menores.
O circuíto +KmsBarreiros 2023 chegou ao seu fin o pasado domingo 12 de novembro coa celebración da última proba, a V carreira Ao son do Masma. Tras esta última carreira, a clasificación xeral do circuíto de carreiras populares de Barreiros deixa como gañadora da categoría feminina absoluta a Romina Reimondo do Toxiza Clube de Montaña, quen este ano logrou revalidar o título; seguida da súa compañeira de clube, Fátima López, e de Julia Salvado do ACADE, quen logrou o terceiro posto.
Na categoría masculina absoluta David Manuel Martinez, do Club Atletismo Lourenzá, foi o gañador. A segunda posición foi para Alex Villalba das Escolas Deportivas de Lourenzá e, completando o podio, Álvaro Pico da A.D. Augas Santas de Barreiros.
Esta edición do circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros organizado polo Concello de Barreiros e que conta colaboración da área de deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e das asociacións locais: Colectivo Cultural Ollomao, Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado, A.D. Augas Santas de Barreiros, logrou unha importante cifra de participación chegando ás 751 persoas inscritas nalgunha ou en varias probas das que o compoñen: a Carreira Solidaria de Reis, 8 de xaneiro, a Carreira das Praias, 7 de abril, o ½ Km Vertical, 22 de xullo, a Benquerencia Terra Mar, 06 de agosto, o Trail Monte Comado, 15 de outubro e a carreira popular Ao Son do Masma celebrada o pasado 12 de novembro.
Con estas cifras confírmase a boa acollida que está a ter o circuíto polo que o Concello de Barreiros seguirá apostando no 2024 polo deporte como un dos polos para desestacionalizar o turismo e fomentar os hábitos saudables entre a veciñanza.
As clasificaicóns poden verse ao completo na web maiskmsbarreiros.gal así como a través da propia app do circuíto.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.

