Patricia Otero reclámalle ao goberno galego que acepte as emendas dos socialistas aos Orzamentos para que “sexa Besteiro como próximo presidente da Xunta quen execute a obra”
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2023. A portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Patricia Otero, esixiulle hoxe á Xunta “menos samba e máis traballar” para executar a Vía de Alta Capacidade Costa Norte, que une Ferrol con San Cibrao. Otero presentou unha pregunta no Pleno do Parlamento na que lle reclamou á conselleira de Infraestruturas que acepte as emendas do PSdeG aos Orzamentos para que sexa “Besteiro como próximo presidente da Xunta quen execute a obra”.
A responsable socialista interveu no debate acompañada dende a tribuna de convidados polos alcaldes e portavoces socialistas dos concellos de Foz, Pontedeume, Trabada, Valdoviño, Lourenzá, Burela, Viveiro e Cedeira, que asistiron ás intervencións desta tarde.
Otero lembrou que esta obra fundamental para conectar Ferrol e San Cibrao, que fora comprometida polo goberno do PP en 2001, tan só ten dous tramos rematados, precisamente os que foran licitados no seu día polo goberno presidido por Pérez Touriño. Lamentou que o goberno galego non teña construído nada máis que as variantes de Ortigueira e Xove, que deixara licitadas o presidente socialista.
Ironizou coa falla de actuacións nesta infraestrutura cando, dixo, “o que está en obras é o argumentario do PP”, logo da resposta da conselleira de hoxe “tirando balóns fora”. Reclamou unha “resposta coherente” coas actuacións do goberno galego no norte de Lugo e A Coruña, onde hai, dixo, “cero licitado”. Esixiulle á conselleira “prazos reais para esta infraestrutura comprometida hai 22 anos” para compensar polo cambio de trazado da A-8 cara ao interior.
Reclamoulle á conselleira que “deixe as lerias” e as “desculpas de mal pagador” e desmentiu que a alcaldesa de Viveiro estea a bloquear a variante, por canto xa ten adaptado a PXOM á proposta feita dende a Xunta para realizar a variante que pasa por aquel concello da Mariña.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



