Lorenzana lamenta que a Comunidade estea a ser discriminada no reparto de fondos europeos por parte do Executivo central co silencio, pasividade e complicidade de PSdeG e BNG
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2023. A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, pediu certezas ao Goberno para o proxecto que Altri pretende desenvolver en Palas de Rei. Lorenzana, que contestou no pleno do Parlamento unha pregunta sobre a situación da iniciativa, lamentou a discriminación á que a Comunidade está sendo sometida por parte do Executivo central co silencio, pasividade e complicidade de PSdeG e BNG.
Fronte a esta actitude, avanzou que a Xunta segue adiante coa tramitación desta iniciativa declarada Proxecto Industrial Estratéxico (PIE) polo Goberno autonómico. Así, a empresa rematou a elaboración do proxecto e o estudo de impacto ambiental que será sometido a información pública nas vindeiras semanas.
Lorenzana asegurou que a boa disposición e boas palabras amosadas polo Goberno do Estado nas últimas reunións non son suficientes e que se precisan feitos e certezas. Por unha banda, é preciso saber cales son as axudas no marco dos fondos de recuperación e resiliencia que pode recibir este proxecto. Neste sentido explicou que dos oito Pertes industriais anunciados, só se resolveu ou adxudicou o 27,49 % do orzamentado e Galicia, a pesar de ser das primeiras Comunidades en presentar unha estratexia, só foi beneficiaria co 4,93 % do total asignado. Mentres, outras comunidades como Cataluña e Valencia recibiron axudas directas. Galicia conta con proxectos industriais destacados que suman máis de 2.000 M€ e que están agardando polo Goberno central.
Doutra banda, Lorenzana manifestou que Altri precisa que o Executivo aclare como se garantirá a interconexión eléctrica necesaria. Nesta situación tamén se atopan outras iniciativas que precisan 1.200 MW adicionais e que, de consolidarse, suporían investimentos por máis de 6.300 M€. Por iso, desde a Xunta xa se demandou que se inclúan modificacións da actual planificación eléctrica coas infraestruturas precisas para garantir a demanda.
A conselleira subliñou que se trata da última oportunidade para investir de forma eficiente e xusta uns fondos xustos dirixidos a garantir proxectos industriais e estratéxicos que contribúan á descarbonización e a unha economía máis dixital e verde, polo que reclamou que Galicia sexa tratada en igualdade de condicións. Neste sentido asegurou que seguirán os contactos co novo ministro de Industria.



















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



