NOTA DE PRENSA
CERVO
O PLENO DO PARLAMENTO DEBATERÁ O DÍA 28 UNHA INICIATIVA NACIONALISTA DE APOIO Á VIABILIDADE E MANTEMENTO DOS POSTOS DE TRABALLO DA CERÁMICA DE SARGADELOS AO QUE ACUDIRAN TRABALLADORAS DA FÁBRICA
Os nacionalistas instan á Xunta de Galiza a evitar os despedimentos e garantir a viabilidade da empresa que ten previsto o despedimento de 26 persoas na planta de Cervo nun debate que terá lugar no pleno do 28 de setembro.
O BNG de Cervo esixe á Consellaría de Traballo a revisión con lupa dun ERE que non se xustifica e que está derivando “nunha caza de bruxas” sen precedentes nesta empresa
Cervo, 25 de setembro de 2010. Os parlamentares do BNG, Fernando Blanco e Henrique Viéitez asinan unha Proposición Non de Lei que se debaterá o vindeiro 28 de setembro na que instan á Xunta de Galiza a garantir o mantemento do cadro de persoal existente hoxe nas dúas plantas de fabricación de cerámica que o grupo ten nas localidades de Sada e Cervo, que concretamente afectaría nesta última localidade a 26 persoas, maioritariamente mulleres que perderían o seu posto de traballo; ademais esixen a posta en marcha de todas as ferramentas existentes por parte do goberno galego para garantir a viabilidade deste proxecto empresarial singular.
Os nacionalistas agardan o apoio unánime da Cámara Galega que daría continuidade ao aprobado en Cervo polo pleno que esixía o rexeitamento do ERE por inxustificado.
Non sería lóxico que a Cámara Galega non aprobase por unanimidade a proposta dos parlamentares nacionalistas a debate o vindeiro martes 28, dando continuidade a acordos unánimes do pleno de Cervo de maio de 2009 e do pasado 17 de setembro, a Xunta non pode observar con pasividade a morte dun proxecto industrial e cultural como Sargadelos que naceu fai agora 40 anos. Neste sentido esixen a revisión con lupa do ERE presentado pola empresa xa que dubidan da súa xustificación. Na mesma liña instan ao goberno galego a poñer en marcha todas as ferramentas necesarias para garantir a viabilidade da empresa e o seu proxecto cultural.
Durísimo golpe para moitas familias e para o conxunto da economía cervense.
O BNG cervense argumenta que moitas familias de Cervo con moitos anos de servizo nesta empresa, especialmente mulleres e as súas familias dependen da boa ou mala xestión da súa dirección e das súas intencións de futuro para esta planta, cuxas decisións afectarán tamén ao conxunto da economía da localidade. Neste sentido admiten a súa preocupación polas intencións da actual dirección de Sargadelos, “que non se sabe o que quere á vista dunhas decisións que contradín o Plan de Viabilidade que a propia empresa encarga”. Para o BNG “o número de despedimentos pode non rematar nos 26 previstos na actualidade”, sendo un feito que a Reforma Laboral aprobada polo goberno do Estado “ponllo fácil para continuar na mesma dirección”. Os nacionalistas insisten en que este ERE debe ser revisado con lupa pola Consellaría de Traballo, “xa que estamos seguros da súa improcedencia” e existen alternativas menos traumáticas que as propostas pola dirección, que non foron aceptadas.
Ao debate acudirán un grupo de traballadoras da planta de Sargadelos.
Por último, dende o BNG anunciaron a presenza no debate dun grupo de traballadoras da planta de Sargadelos que agardan non ser decepcionada polos partidos políticos e especialmente polo Parlamentar e concelleiro e Cervo, José Manuel Balseiro. Neste sentido os nacionalistas volveron criticar a actuación de Balseiro no pleno do pasado día 17, que lonxe de aceptar unha proposta inicial que partía do propio Comité de Empresa, emendouna e tratou en todo momento de xustificar o ERE e derivar responsabilidades a outros gobernos cando quen ten competencias para decidir sobre o procedemento e a Consellaría de Traballo.


















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



