Nota de Prensa
O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR NO CONCELLO DE VIVEIRO,
Formula as seguintes preguntas e rogos para pleno da corporación municipal de Viveiro:
PREGUNTAS
1.- ¿Ten previsto o goberno municipal a curto prazo arranxar a pista paralela a estacada en Vieiro?, ¿Si e así para cando?.
2.- Saiu na prensa e corroborouno a Sr. Alcalde tamén nun pleno que lle foran concedidas a clasificación Q de calidade as praias de Area e Covas, e que foron recollidas pola 1ª tenente alcalde en Madrid, ¿ Porque non onderon ditas bandeiras nas respectivas praias?
3.- Nun pleno anterior por parte deste grupo municipal fixeráse un pregunta ó Sr. Alcalde sobre a rampa de madeira de acceso a paria de Area, perto do albergue, ya que tiña moito desnivel para baixar o areal. Contestouse que se ía arranxar. Rematou Agosto e segue sen amañar , ¿Cando se vai proceder?.
4.- No terreo contiguo o centro sociocultural de San Pedro, despois a sua reforma, (por certo moi boa), fixose un aparcadoiro. Varios vecinos fixéronnos chegar as súas queixas dado que cando se accede o mesmo tocan os vehículos coas defensas no chan debido ao desnivel, ¿Poderase arranxar esta situación?
5.- Na fonte do lugar da Fornela en Galdo, cando chega o mes de Setembro, tódolos anos teñen falta de auga. Dende o equipo de goberno dixoselles os vecinos en varias ocasións que se ía subsanar esa deficencia, ¿Esta solucionado o tema?
6.- Nas pasadas festas patronais e de verán de Viveiro 2010, no acto de izado das bandeiras dende o balcón da Casa do Concello ¿porque non foi interpretado o himno nacional de España xunto co himno galego?
7.- En varios plenos anteriores preguntábamos o Sr. Alcalde cando se ían arranxar as pistas nas parroquias do Concello que se atopaban en mal estado. Como exemplos: en Covas, nos burgos e rúas de Castrillón, Pereira, Santiago, Casería, Granxas, Puxigueira, Ortigueira, Emilio Bouza, acceso ao antiguo colexio, Cascallar, Congostras, a pista que vai dende dende as congostras a sequeiro e Vieiro, Foro, Comiños, Escourido-Pardiñás. No barrio de Cantarrana, en diversas calles; en Vieiro, no barrios de Pombal e Campo de Bois; En Magazos, Villamarcol; en Viveiro, o acceso a Penjamo-Nogueiras, Alonso Pérez, Campo de Verdes, a antigua calle do Matadeiro; en Landrove, rúa Pallete, Penaxunta, Alamparte, o Cristo; en Chavín, Nogarido, Allares, Rivas, Piñeiro, Os taravelos; en Celeiro, A Costa, sin olvidarnos de mencionar Area, San Pedro e Valcarria. ¿Poden indicarnos o equipo de gobernó unha data para comenzar as obras de acondicionamento?
8.- O muro contiguo a oficna de turismo de Viveiro foi derrubado por un vehiculo en un accidente ocurrido xa hai algún tempo, ¿Cando se vai reparar o mesmo?
9.- O concello fíxose cargo da piscina municipal a pasado 1 de Agosto. Durante ese mes estivo cerrada o publico para subsanar as deficiencias, ¿Cómo van as obras?, ¿Cando está previsto que se poida abrir de novo?.
10.- Con respecto aos empregados da concesionaria da piscina de Viveiro, Gaia, ¿foron despedidos pola concesionaria?, ¿pasaron a formar parte da empresa municipal turviveiro?, ¿Quen vai levar a xetión de aquí en diante do complexo?.
11.- Aos empregados de turviveiro que prestaban os seus servicios no porto deportivo, e tras facerse cargo portos de Galicia do porto, ¿Qué pasou cos seus contratos? ¿foilles rescindido ou están realizando actividades noutros departamentos do concello?
12.- ¿As obras do alcantillado do Lugar da Cabana en Viveiro esta xa concluido?, ¿Cando se vai poner en marcha o seu funcionamento?.
13.- ¿Ten constancia o equipo de gobernó do vertedoiro incontrolado que existe na zona da insua, contiguo a antiguo pechado?, ¿Qué se pensa facer o respecto?
14.- Na mesma zona da insua, na pista que vai á area etnográfica dende hay tempo, estanse a realizar unhas obras de alumeado publico. A esta data tan so esta feita a obra civil. ¿Cando se vai proceder a acabar e poner en funcionamento dita instalación?.
15.- Dende hai mais de dous anos as tres primeiras farolas do paseo perto da Opel, a alguna mais oa longo do paseo están sin funcionar xa que non teñen nin portalámparas nin lámparas nin as tulipas protectoras; Asi mesmo no paseo marítimo de covas igualmente, ¿Cando se van reponer e poñelas a funcionar?.
ROGOS.
Facéndonos eco de varios vecinos da Parroquia de San Cibrao de Viveiro das zonas de Cabeceira e Pelourao, indicando que no inverno dicorre a auga da choiva que ven da silvarosa pola pista e non polas cunetas, Rogamos a limpieza das cunetas da pista que baixa da silvarosa ata eses nucleos.




















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.