Rosa Rego concelleira do BNG en A Fonsagrada “éstamos na posibilidade de quedar con 3 facultativos para atenda arredor dunhas 4,000 persoas”
A Fonsagrada, 1 de decembro de 2023. O Bloque Nacionalista Galego presentou no pleno celebrado este pasado xoves, unha moción para que se garantan os servizos sanitarios neste concello.
Tras anos sin asumir as demandas da xente da Fonsagrada dos servizos de radioloxía ou fisioterapia, entre outros, obrigando a súa veciñanza a un desprazamento sin sentido a Becerreá, agora rematan tamén coa asistencia médica en primaria. Eliminaron o médico compartido con Negueira de Muñiz, como fixeran xa antes co de Ribeira de Piquín, co cal na Fonsagrada perdemos un facultativo que consultaba 3 días á semana. No vindeiro mes xubílase outro médico, e parece que o Sergas aproveitará para aforrar outro salario e a veciñanza da comarca terá un servizo menos. Quedan 3 médicos/as para atender a case 4.000 persoas usuarias, dunha elevada media de idade, no concello máis grande de Galiza ao que se lle xunta Negueira de Muñiz.
“O dereito á sanidade pública é un dereito inembargábel, aínda que a Xunta de Galiza traballe para exterminalo. Temos nas nosas mans o dereito a defendelo e a que teñamos unha sanidade de proximidade, máis aínda nun concello como A Fonsagrada eminentemente rural e de montaña”explicou Rosa Rego.
“Con esta moción queriamos recibir o apoio de toda a corporación municipal ante un feito que consideramos vital para toda a veciñanza, realmente non foi así xa que o PP non considera importante que se garanta un servizo de calidade neste concello” concluíu Rosa Rego.
Ademais o BNG de A Fonsagrada tamén preguntou polo proxecto do Museo Forgues, pois estase rematando o prazo de presentación e aínda non se sabe nada del, así como pola situación do mantemento da Galiña Azul pois recibironse denuncias polo seu mal estado, mantemento que lle toca executar ao concello.



















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



