Decoración de rúas, ambientación musical, concursos, Sorteos e mais de 5.000€ en premios… este ano serán 4 os soldos de 1.200€ sorteados!!! Ós que se suman os premios do concurso de fachadas e escaparates
Viveiro, 4 de decembro, 2023. A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro comeza nestes días cunha morea de actividades, concursos e sorteos.
Este ano seguimos apostando por reforzar a decoración da rúa, e repartimos mais de 120 árbores de luces leds que estarán colocados nas entradas dos comercios e decoramos os escaparates de tódolos negocios asociados cun lazo de vinilo vermello semellando o envoltorio dun agasallo. A idea é transmitir que o mellor agasallo deste Nadal é mercar no comercio local, o comercio de proximidade.
A atmosfera navideña tamén será musical, posto que as rúas estarán ambientadas con panxoliñas, grazas ó fío musical instalado nos últimos anos por todo o centro urbano.
Instalouse a árbore de luces xigante nos Xardíns Noriega Varela (zona Templete da Música). Con case 11 metros de altura este ano incrementáronse o número de luces led que leva incorporadas e acondicionouse o valado exterior da mesma con publicidade de tódolos negocios asociados ó CCHV, que son os que fan posible que esta árbore luzca na entrada ó casco histórico de Viveiro.
Tamén se instalará nos Xardíns Noriega Varela (zona do Templete da Música) a “Casita de Papá Noel”, que funcionará en horario de 17:00 ata as 20:00 da tarde do 21 ó 24 de decembro. Os negocios asociados ó CCHV están a repartir 8.000 cartas entre os nenos da vila para que lle poidan escribir a Papá Noel a carta a depositar na casita. E nas vindeiras semanas farán o propio tamén cas cartas para os Reis Magos.
Do 21 ó 24 Papá Noel e os Elfos recibirán ós nenos, recollerán tódalas cartas e atenderán as peticións dos máis pequenos. Este ano ó carón da Casita colocarase tamén un buzón xigante onde os nenos poderán depositar as súas cartas no horario no que a casita non esté aberta.
Continuamos así un clásico do Nadal de Viveiro, ó que acoden moitos nenos da comarca cheos de ilusión.
E o máis esperado do Nadal e polo que moitos clientes nos preguntan dende hai días, é o sorteo dos 3 soldos de 1.200€ do CCHV. Pero este ano queremos ir mais aló e en vez de sortear 3 soldos de 1.200€, sortearemos 4!!!
3 destes premios serán sorteados como sempre no sorteo presencial da Praza Maior, e o outro soldo será sorteado a través da App Viveiro CCH simplemente con subir os tickets das compras dende o dia 11 de decembro ata o 5 de xaneiro.
Este ano adiantamos o reparto das papeletas para o sorteo presencial e será a partir do día 15 cando se comecen a repartir cas compras realizadas nos comercios asociados e entregaranse ata o dia do sorteo ou ata agotar os 150.000 números.
Lembramos que o premio consiste en 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, sendo 100€ ó mes para cada un dos 3 agraciados, e o mesmo para o soldo sorteado a través a App.
O sorteo farase como sempre, o 4 de xaneiro ás 21:00 horas na Praza Maior de Viveiro, e estará presentado polo gran Dani Rios. Este sorteo vai xa pola 11ª edición, e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal.
Tamén este ano realizamos o IV Concurso de Balcóns, Fachadas e Escaparates de Nadal, para animar ós comerciantes e hostaleiros a que engalanen os seus negocios. Haberá premios para:
O mellor Balcón ou fachada navideña
O mellor escaparate e interior do establecemento
A mellor decoración artesanal (de elaboración propia)
Premio á mellor decoración de local de hostalaría Todos eles dotados de premio económico e placa distintiva.
Este ano tamén queremos mimar cada agasallo que se merque no comercio local polo que se repartiron entre os negocios asociados, 20.000 bolsas de papel e pegatinas, un packagin para preparar os agasallos de Nadal e que o comercio local marque a diferencia.
Gran cantidade de actividades, sorteos e premios para dinamizar unha das épocas máis importantes para o comercio local, e acadar que Viveiro continúe a ser, un ano mais, referente de compras en toda a comarca, sempre contando ca cofinanciación da Xunta de Galicia dentro das axudas de dinamización para os Centro comerciais Abertos.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



