Trátase da Federación de Asociacións de Veciños da Provincia Lucus Augusti, e das asociacións de Mulleres Rurais Olvido de Pol, Morcegos de Galicia, Cultural Deportiva Lecer de Gamelle, e a Provincial Lucense de Apicultores
Lugo, 19 de decembro de 2023. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, presidiu este martes no Salón de Actos do Pazo de San Marcos os órganos reitor e participativo da Reserva da Biosfera Terras do Miño, xestionada pola institución provincial. Ao igual que na reunión celebrada onte en Cervantes sobre a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, o encontro serviu para facer balance das correspondentes actividades realizadas neste ano 2023 e abordar os proxectos de cara o futuro que se van impulsar concretamente para este espazo protexido pola UNESCO.
Nesta reunión, Pablo Rivera, que estivo acompañado polos deputados de Medio Ambiente, Carlos López, e de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, así como de técnicos provincias, anunciou a incorporación de 5 novos membros nos órganos participativos da Reserva. Aceptáronse as solicitudes de ingreso das entidades aprobadas polo órgano reitor: a Federación de Asociacións de Veciños da Provincia Lucus Augusti; a Asociación de Mulleres Rurais Olvido de Pol; a Asociación Morcegos de Galicia; a Asociación Cultural Deportiva Lecer de Gamelle; e a Asociación Provincial Lucense de Apicultores.
Así mesmo, o Deputado informou ao órgano participativo de Terras do Miño da proposta inicial do novo Plan de Xestión da Reserva para o período 2024-2034, que foi aprobado posteriormente polo órgano reitor. Este Plan determinará as actuacións prioritarias nas que este espazo natural centrará o seu traballo durante os próximos 10 anos, e contará cun orzamento de fondos propios da Deputación dun total de 1,3M€ para o período de vixencia.
Do mesmo xeito que ocorreu na sesión de Cervantes, o Deputado o investigador do IBADER e redactor do Plan, Javier Ferreiro, expuxo as liñas estratéxicas do documento para o desenvolvemento sostible da Reserva, sendo o instrumento básico para a xestión e planificación deste espazo, e estratexias prioritarias de actuación para o cumprimento dos obxectivos da Reserva.
Procedemento de participación pública do plan
O procedemento de participación pública do Plan abrirá o prazo o vindeiro 22 de decembro trala súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Durante dous meses, os interesados poderán examinar o documento na páxina web da Deputación de Lugo e na Secretaría da entidade, e presentar as reclamacións e suxestións que estimen oportunas. Durante o primeiro trimestre do 2024 convocaranse mesas sectoriais, centradas na conservación do medio ambiente e no desenvolvemento socioeconómico da Reserva, ás que poderán asistir os membros do Órgano de Participación, así como outras entidades territoriais representativas.
60 accións de impulso á Reserva
Na reunión celebradas ao longo da xornada de hoxe tamén se aprobou a memoria das actividades realizadas ao longo deste ano 2023, que foron preto de 60.
Algunhas das accións a destacar son, por exemplo, o programa trimestral de actividades de educación e divulgación ambiental no Centro de Interpretación Terras do Miño e as visitas dos escolares; as actividades celebradas na Casa das Ínsuas de Rábade; colaboracións co Programa Coñece a túa provincia, con asociacións e colectivos lucenses, co centro Asociado da UNED, en publicacións do libro Árbores senlleiras da provincia e a Guía micolóxica básica da provincia de Lugo; ou a presenza en eventos como Xantar 2023 e no II Congreso da Rede IberoMaB, celebrado en Copán (Honduras). Como novidade este ano, a memoria de actividades 2023 estará dispoñible, xunto coas de anualidades anteriores, na páxina web da Reserva: www.terrasdomino.deputacionlugo.org
Por outra banda, na reunión tamén se aprobou a nova programación de actividades na Reserva da Biosfera dirixida a todos os públicos para o ano 2024. O prazo abriuse o pasado 21 de novembro, e recibíronse un total de 10 propostas de concellos, entidades e asociacións da Reserva para desenvolver accións nos concellos de Xermade, Pol, Alfoz, Ourol, Outeiro de Rei, Guitiriz, Lugo, Castro de Rei, O Valadouro e Mondoñedo.
Liña de subvencións e fondos europeos
Tamén se deu conta da liña de axudas de concorrencia competitiva por importe de 110.000€ que ofreceu a Deputación ás entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico das reservas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. Pablo Rivera avanzou que o ano que vén a institución provincial ten previsto aprobar unha nova convocatoria destas subvencións.
Así mesmo, o Deputado informou dos proxectos acometidos grazas ao millón de euros de fondos da Unión Europea que conseguiu a Deputación para Terras do Miño e Os Ancares Lucenses.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



