Francisco Cajoto valorou o compromiso da institución provincial, que serve para continuar “coa folla de ruta que temos marcada de seguir coidando as nosas rúas e os parques, onde todos os días xogan os nenos e nenas de Foz”
Lugo, 21 de decembro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves no Pazo de San Marcos co Alcalde de Foz, Francisco Cajoto Caserío, un convenio de colaboración a través do que a institución provincial destina 120.000€ para renovar tres parques infantís na rúa Julia Minguillón, en Marzán e en Llas.
O Presidente enmarcou esta iniciativa na “cooperación, intensa e continua, que mantemos co Concello de Foz, e co resto dos concellos, para que poida ofrecer máis e mellores servizos aos seus veciños e veciñas”. “Seguimos na liña de traballo para facer que a Deputación funcione como un concello grande que axude ao resto de concellos”, sinalou José Tomé, quen incidiu en que resulta “grato poder axudar a un Concello que está facendo algo tan importante para mellorar a vida da xente, sobre todo cando é para os máis pequenos”.
Engadiu o mandatario provincial que “na construción do futuro que queremos para a provincia, temos que traballar todos xuntos, cada un dende as nosas respectivas responsabilidades. Estou convencido de que o Concello de Foz e o seu Alcalde van seguir sendo unha peza importante dese futuro, do desenvolvemento da provincia de Lugo. E nese camiño, van atopar sempre a compañía e o respaldo da Deputación”.
Pola súa banda, o Alcalde de Foz salientou que estes tres proxectos evidencian que “seguimos a coidar as nosas rúas e os nosos parques, nos que todos os días xogan os nenos e nenas de Foz”. Do mesmo xeito, dixo, “que fixemos no Paseo de Colón, na Rapadoira, na área de xogos da Praza de Galicia ou no parque de Uxío Novoneyra, agora grazas ao Presidente José Tomé e á financiación da Deputación de Lugo imos renovar estes tres parques que están nun mal estado de conservación: Julia Minguillón, Marzán e Cú do Castro, en Llas”, indica o Alcalde.
Concreta Cajoto que “a renovación do parque de Julia Minguillón, de 250 metros cadrados e orzamentada en 63.000 euros, inclúe a substitución do chan de losetas por un pavimento continuo encapsulado de cores, no que se van a dispoñer, entre outros xogos, dúas estruturas con tobogáns, randeeiras e resortes. Os parques de Marzán -125 metros cadrados- e Cú do Castro, en Llas -153 metros cadrados- recibirán uns investimentos de 32.000€ e 25.000€ respectivamente, e inclúen tamén a disposición de novos chans de pavimento continuo encapsulado e novos xogos e estruturas”.
Para rematar, o rexedor municipal destacou: “seguimos traballando co obxectivo claro de crear contornas seguras e mellorar os espazos públicos da nosa vila e de todo o concello”.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



