Mariña Gueimunde denuncia que o goberno local pretende recortar as axudas aos clubs deportivos e ás asociacións, ademais de subir as taxas do lixo, a cota de entrada á piscina e de comezar a cobrar a ocupación de vía pública das terrazas dos negocios de hostalería
Viveiro, 29 de decembro de 2023. Os concelleiros do PP de Viveiro amósanse asombrados ante o que se está a vivir no concello co tándem Loureiro-Bermúdez: “teñen oito concelleiros de dezasete e non falan con ninguén para negociar un documento fundamental, como son os orzamentos, e así acadar os apoios necesarios, xa que nin se sentaron a falar con quen lles deu gratis o goberno municipal para impedir o goberno de cambio do PP que reclamou a cidadanía nas urnas”.
Mariña Gueimunde cree que “hai escasa cultura democrática, e sobra prepotencia e ousadía”. “O que nun municipio se vai facer cos cartos de todos, hai que falalo con tódalas forzas con representación, máis cando estás moi lonxe da maioría. Que non chame a quen gañou as eleccións é de nota, pero o desprezo a quen lle deu gratis a Alcaldía é colosal”, criticou.
A popular sinala que “semella unha inocentada” que presentaron por separado o edil de Facenda (PSOE) e a tenente de alcaldesa (BNG), “nun novo exemplo de que Viveiro ten un goberno dividido que non prioriza os problemas dos vivairenses, se non que cada parte do goberno preocúpase do seu”.
A voceira popular remarca o seu total rexeitamento a unhas contas municipais cuns inexplicables recortes ao asociacionismo cultural e deportivo do municipio: “había cartos para dedicacións exclusivas e soldos de concelleiros, pero para quen con moito sacrificio e xeneroso traballo contribúe a que haxa actividades culturais e a que os mozos fagan deporte, a eses aplícanlles uns recortes de máis dun 30% do que viñan percibindo, que xa era unha ridiculez”; e incide nas súas reivindicacións: “A alcaldesa aplica ao deporte uns recortes desorbitados e inxustos. É intolerable, e ningún partido político cunha mínima sensibilidade social, pode aprobar unhas contas onde figure semellante redución nas axudas”, afirmou.
Mariña Gueimunde fai esta afirmación ao comprobar como ademais de recortar as axudas a clubs e asociacións, tamén pretenden incrementar taxas como a do lixo, subir a cota de acceso á piscina ou cobrar aos hostaleiros a ocupación da vía das terrazas para “así poder sufragar despilfarros de Loureiro e Bermúdez”.
Mariña Gueimunde insiste en que Viveiro “non merece este desgoberno, sen ideas novas, sen diálogo institucional, sen capacidade para unha xestión eficiente das contas municipais, que aboca a cadralas recorrendo aos recortes en deporte para poder despilfarrar en fogos de artificio político para as comenencias do PSOE e BNG”.
A realidade é que os orzamentos do tándem Loureiro-Bermúdez “son irreais e non se axustan á realidade”. “Tan pronto como coñezamos o balance das contas do último trimestre do ano veremos como está descompensado pola elevada cifra de recoñecemento de débeda arrastrada do exercicio anterior e que pode rondar os 500.000€, segundo a intervención municipal”, explicou.
“Isto é unha fuxida a ningures, unha verdadeira vergoña que ten continuidade porque XViveiro deu prioridade aos prexuízos ideolóxicos ao cambio que Viveiro reclamou nas urnas”, sentenciou.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



