15.000 persoas, segundo a Policía Local (máis de 20.000, segundo os organizadores), atenderon este domingo en Compostela unha grande demostración na defensa do rol ambiental, produtivo e socialmente vertebrador do noso mar. Porque a maré humana deste 21-X foi convocada pola unidade de acción entre o movemento ecolóxico-ambientalista, os sectores produtivos do mar ( marisqueo a pé e a flote, pesca de baixura, sector mexilloeiro…) e máis por unha grande morea de axentes da sociedade civil galega: os principais sindicatos, organizacións de consumidores como ACOUGA e máis a ampla reivindicación sectorial no ámbito dos servizos públicos galegos…
Cómpre referirmos a dúas cuestións esenciais nesta xeira. Por unha banda o ambientalismo globalista de Greenpeace atendeu desta volta esta convocatoria. Agardermos, logo, que vaian entendendo o vencellamento dos sectores galegos da mar-industria coa ecoloxía humana da nosa costa ao longo dos 1.500 kms da mesma. Pola outra os sectores produtivos do mar galego e mais o movemento ecolóxico-ambientalista todo, por primeira vez na Europa, converxeron nunha plataforma reivindicativa a prol da produción alimentaria, da viabilización demográfica da nosa costa e máis da calidade ambiental deste noso país.
De certo que a xestión da Xunta de Galicia na crise dos granulados de plástico foi moi desaquelada e repenicou os graves erros da catástrofe ambiental do Prestige, malia a diferente dimensión cuantitativa canto ás pèrdas potenciais dunha e doutra crise. Mais no Goberno galego neste comezo de 2024 abrollaron as mesmas técnicas de negación, minimización e proxección das responsabilidades nos outros (quer nun Goberno do Estado tamén lento e pasivo, que amosou non ser quen de desenvolver acaídamente as competencias do salvamento marítimo) e mesmo na oposición, Seica un deporte no que Feijóo xa era campión europeo e que arestora xa lle aprendeu ao seu sucesor, Alfonso Rueda. Un sucesor que, seica menos de quince días despois da primeira finde desta crise, remanece abraiado diante da incompetencia e sectarismo da súa vicepresidenta Ánxeles Vázquez. Velaí un dos graves problemas que tes cando che fai outra persoa a túa equipa ou mesmo o teu Goberno.
Os granulados de plástico constitúen unha grande ameaza ambiental e produtiva para o noso mar. Mais coinciden coa inacción e inoperancia de 15 anos do Goberno galego fronte ás terríbeis perdas na produción de bivalvos nas nosas rías superiores ao 70% , ao esfarelamento da nosa flota de baixura e ás continúas eivas botadas por riba do noso sector mexilloeiro (líder mundial) desque chegou o PP á Xunta na primavera de 2009. Velaí que foran o motor da mobilización que o mar galego requiría dende hai ben de anos.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



